Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 13 de agosto de 2012




Boas! Despois de 61 horas por fin rematei o Zelda Skyward Sword(Daquí en diante Zelda SS ) así que creo que xa me atopo en posición de facer un comentario sobre el , aínda que é certo que non atopei tódolos cubos divinos. Sen embargo, sí completei toda a historia principal , tódalas misións secundarias e tódalas melloras de armas , polo que a porcentaxe de completitude foi bastante alta.
Pra comezar fai falla dicir que este título suponse que é o primeiro da cronoloxía de tódolos xogos de Zelda, tal como se mostra na seguinte imaxe:


Pódese ver un eixo temporal da historia de Zelda aquí:
http://www.anaitgames.com/images/uploads/2011_12/cronologia_zelda.jpg

Este Zelda SS saiu pra a consola Wii (Necesitas un Wii motion plus obrigatoriamente pra xogar) no ano 2011 cun prezo duns 50 euros, aínda que eu comprei a edición especial dado que como non tiña un wii motion plus saíame máis barato . Así, a edición especial traía un wii motion plus dourado co símbolo da triforza impreso, o xogo e un cd de música coa banda sonora da saga de Zelda tocada por unha orquestra.
Bueno, agora toca falar un pouco do argumento do título, tranquil@s, de momento no hai spoilers:

Zelda SS sitúase nunha eṕoca na que o mundo está separado en dous espazos distintos: por un un lado está Altárea, lugar composto por unha serie de illas flotantes no ceo e fogar de Link e Zelda ; e por outro lado están as Terras Inferiores, o que basicamente é o mundo de tódolos Zeldas.
En Altárea hai unha cidade chamada Celéstea que é onde viven os habitantes de aspecto humanoide(suponse que son de raza Hylian ) .
A historia comeza cando Link se levanta pra participar no gran torneo de cabaleiros. El é un estudante na academia de cabaleiros e o gañador do torneo no que Link vai participar terá como premio ser nomeado cabaleiro. Así, a competición consiste nun exercicio acrobático montado en pelícaro(paxaro xigante no que Link se monta pra voar) contra outros alumnos da academia.
Sen embargo, cando vai ver a Zelda, que neste xogo é a filla do director da academia e non é unha princesa, esta dille que o pelícaro de Link non aparece e Link ten que buscalo, o que da lugar á primeiro misión do xogo.
Nesta primeira misión o que se busca é que te familiarices cos controis básicos do xogo. Así, moves a Link co stick do nunchuk, das espadazos mediante movementos do wiimote e fixas obxectivos como botón z do nunchuck(cousa que se inventou en Ocarina of time). Aparte diso , está o botón a do wiimote pra correr e axitar o nunchuck pra dar unha voltereta mentras corres. Non podes correr indefinidamente: tes un indicador de resistencia que se recupera cando paras. Se o agotas despois tardas un pouco en recuperarte, polo que non é recomendábel agotalo.
Despois dunha serie de eventos, que non desvelo pra non facer spoiler,  baixas ás terras inferiores e armado cunha espada e un escudo comezas a túa aventura.

Hai varias zonas a explorar: está Altáreas, coas súas illas flotantes e máis adiante cun lugar chamado o Cúmulo; e  as Terras Inferiores, conformadas pola Terra do Presidio, O deserto de Lanayru e o Volcán de Eldin. Non podes acceder a todas desde o principio e desbloqueas zonas a medida que o xogo avanza.
Zelda é un xogo de acción pero tamén ten moitos crebacabezas que te farán pensar bastante, dado que hai algún que non é así moi lóxico XD.
A norma a seguir pra resolvelos é simple: usar o último aparello que obtiveches. Funciona na maioría dos casos, aínda que non sempre.
Tes un volume de aparellos importante, desde escudos , tirachinas ou arcos, que podes mellorar pra mellorar as súas prestacións, valla a redundancia, ata aparellos menos "bélicos" como pode ser un látigo pra columpiarte, un escarabello robot pra explorar , activar interruptores ou transportar obxectos, unhas garras pra agarrarte a zonas especiais nos muros, uns guantes pra cavar e estar debaixo da terra, unha ánfora de aire pra bota aire......

Cando estás en Altárea, podes facer misións secundarias que varían dende "entrega isto a tal persoa" ata "busca aquelo" ou outras cousas. Se as completas todas completarás outra misións secundaria que che como premio un gran moedeiro.
Tamén é importante salientar o bazas, lugar onde mercas as túas pocións(que poderás mellorar con insectos), mercas armas(arcos, escudos...) ou arreglas/melloras o que xa tes. Conste que o mellor escudo non se consegue a base de mellorar un que compras , senón que tes que gañar moitos combates seguidos nunha especie de minixogo onde te enfrontas a xefes finais sen poder coller corazóns(aínda que de vez en cando aparecen).

Falemos agora dos xefes finais: hai xefes finais de zona(falo dos esqueletos) e xefes finais "grandes", que son os que son algo máis complicados de derrotar.
Pra derrotalos é altamente probábel que teñas que usar o último artefacto que adquiriches (ademáis de darlle coa espada).
É altamente recomendábel usar o escudo(recordo que se saca se axitas o nunchuck(despois de equipalo co botón - do wiimote) e se usa pra contratacar se o volves axitar). Se contratacas no momento xusto as loitas poden ser moito máis fáciles, dado que desequilibras ao xefe final e podes asestarlle varios golpes.
Pra min, o xefe final máis compricado é o chamado "El durmiente"(polo menos na versión en castelán). Máis que nada porque tes que loitar tres veces contra el i é bastante compricado matalo sen que che quite ningún corazón.
Outros parecéronme demasiado fáciles, coma o escorpión xigante ou o calamar xigante. Decepcionoume especialmente o Heraldo da morte, o último xefe do xogo. Se tes equipado o escudo Hylian, o escudo indestructible que non se rompe nunca(cómpre aclarar que os outros escudos rómpense ao cabo de X golpes, así que non é bo usalos todo o tempo) podes bloquear tódolos ataques e asestas golpes a mansalva. De feito, a loita está dividida en dúas partes e na segunda delas, cando podes usar o raio divino outra vez nin sequerea che fai falla bloquear os golpes se te pos moita distancia e atinas co momento de cargar a espada e golpear, aínda que é un método un pouco máis complicado. Eu derrotei ao heraldo da morte en aproximadamente 2 minutos , 2 minutos e medio, o que me parece deprimente pra ser o xefe final do xogo, dado que hai outros xefes aos que tardei moito máis en derrotar.

A nivel gráfico está moi ben, non creo que a wii de máis que o que se mostra neste xogo. Non son gráficos realistas, senón que se opta máis ben por un enfoque de debuxo animado co cores difuminadas que lle queda estupendamente.
É un xogo longo, moi longo, a min levoume 61 horas e pode ser que me levase varias horas máis atopar os cubos divinos que me faltaban, pero pódese dicir que é longo. Cando o rematas desbloqueas o modo heroe, que é igual que o normal peor máis difícil, o cal non xoguei porque tampouco incita moito a rexogalo outra vez se é exactamente o mesmo.



En conclusión, Zelda SS é o mellor xogo ao que xoguei de Wii, creo que merece unha nota de sobresaínte en Wii e en xeral, dado que proporciona unha diversión e entretemento que outros títulos non proporcionan.


Máis información en :
Zelda wikia: http://es.zelda.wikia.com/wiki/The_Legend_of_Zelda_Wiki
Artwork de Zelda SS:
http://legendzelda.net/zelda-skyward-sword/official-art/


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //