Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 7 de outubro de 2012


Boas!Antes de nada pido desculpas por non ter publicado nada a semana pasada. Pra compensalo , tentarei publicar esta entrada e máis outra máis esta semana :)
Hoxe falarei de Nogizaka Haruka no Himitsu , que ven a querer dicir algo así coma " O segredo de Haruka Nogizaka" . É un anime do xénero ecchi  , polo que argumentalmente non é a loucura pero se me decidín a velo(aínda que algún capítulo vinno brevemente XD ) foi pola súa enorme popularidade en internet e a raíz de certo AMV, que o certo é que facía que o anime parecese moito mellor do que en realidade é. Así, de que vai?

ARGUMENTO


Basicamente cóntanos a historia da relación entre Nogizaka Haruka e Ayase Yuto , dous compañeiros de clase dun istituto. Así, Haruka é algo así coma unha super miss do lugar, fai todo ben: saca boas notas , compórtase coma unha señorita, sempre ten un sorriso no seu rostro e saca unhas notas excelentes. Ademáis, tamén é unha gran deportista e ten fama de ser moi confiábel pra calquera tipo de asunto, o que provoca que tanto rapaces coma rapazas a veneren coma unha raíña. Yuto, pola contra, é un rapaz que é case un don ninguén, que anda co seu círculo de amigos e pouco máis. Sen embargo, un día , Yuto descobre un gran secredo sobre Haruka que fai que os dous comecen a falar máis e a coñecerse mellor. Basicamente o gran segredo é que Haruka é unha fan moi harcore do anime, polo que é unha friki e ten todo tipo de figuriñas e cousas así na súa casa. Así, leva un libro de manga á escola e Yuto descóbreo pero en lugar de revelar o seu segredo decide encubrir a Haruka e dicir que o manga era seu . Haruka agradécello a Yuto e dille que ningueń sabe que lle gusta o anime porque cando era pequena metéronse con ela por iso.
Basicamente , esa é a trama. O anime avanza coa inclusión de máis personaxes femininos que se suman ao harem de Yuto, aínda que está máis que claro que Haruka é a súa favorita. Na segunda temporada, que ten o nome de Purezza non hai realmente un cambio argumental i é máis do mesmo. Podían ter feito unha soa tempada de 24 episodios en lugar de dúas de 12...pero eles saberán XD.

PERSONAXES

Hai unha cantidade de personaxes notábel, aínda que a maioría son bastante prescindíbeis. Así, só falarei dos dous protagonistas, aínda que comentarei nomes doutr@s personaxes na descripción destes:
Ayase Yuuto: protagonista masculino da historia. Os seus pais non están case nunca na casa así que vive coa súa irmá maior e cunha profesora, quen son dúas rapazas novas guapas que o único que fan é folgazanear todo o día , un dos puntos cómicos da serie dado que soes estar borrachas.
Así, Yuuto é un rapaz bastante reservado, aínda que procura levarse ben con todo o mundo. Non é demasiado popular aínda que iso cambie cando coñece a Haruka.
É o típico galán de anime deste tipo, un personaxe totalmente estereotipado que segue a regla de " o home que non podía facer o amor con ela", por dicilo finamente XD.


Nogizaka Haruka: protagonista feminina da historia. É parte dunha familia rica, polo que vive nunha gran mansión e ten á súa disposición a unha especie de exército de maids , que son especialistas en diversas disciplinas que varían dende a conciña ou a limpeza ata a espionaxe ou o combate.
Haruka é unha rapaza moi tímida, que ten un trauma , dado que cando era pequena  . Sen embargo, isto cambia cando coñece a Yuuto, con quen non ten ningún problema e por quen sinte algo especial(Vamos, mítica trama na que hai varias rapazas que están por Yuuto pero claramente gaña a rapaza principal, non hai máis voltas que darlle). A nai de Haruka parécese moito a ela i é moi guapa e o seu pai ten pinta de mafioso Yakuza; aínda así, a nai malla no pai cando as cousas non van por onde ela quere XD.



ANIMACIÓN E BSO

Unha cousa que me gustou de Nogizaka Haruka no Himitsu foi a forma en que animaron o opening nas dúas tempadas. Basicamente é coma se fose a maquetación dunha revista con photoshop nun mac. Punto positivo por iso, hai detalles que permiten discernir se se trata dun mac ou dun pec pola forma das ventás e o símbolo de ampliar a ventá, bravo por iso. A música do op é normalciña, nada que destacar, ao igual que a música do ending.
A animación é relativamente boa, se ves o anime en hd podes contemplar ás señoritas en toda a súa magnificiencia, algo que se é moito máis interesante se ves a versión sen censura. . A animación é fiel ao manga, polo que o deseño de personaxes, especialmente das féminas é bonito e agradábel á vista.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgqB8a9cZFSydpI4TFo0dXo8LQLIuMjS4iX7fub6pFpE9kkbah0gvGTJOSDsIQhVvICWhwKdvy9XvgfNVp7iSy-qzX2GrXIFfvsygROwO7KgyxPEvgWQoLjc8kiUv2yHbHNvWDIKRcq9ZY/s1600/Haruka.Nogizaka%2527s.Secret.356956.jpg

CONCLUSIÓN

Anime ecchi con señoritas bastante lindas que non mostra demasiado ecchi pero con algún que outro momento gracioso. Ben.




Nota: 6.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //