Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 21 de setembro de 2012
Hoxe falarei de mangas que tratan o tema dos superpoderes. Non tódolos títulos os tratan da mesma maneira: hai algúns que mostran unha visión máis científica e outras máis máxica ; o que está claro é que todos tratan de personaxes que teñen habilidades especiais.
-Ratman:
Non se confunda co cómic italiano do mesmo nome, que aínda que de temática similar , usa un estilo máis cómico e de crítica.A partir daquí Shooto decide usar os seus poderes pra axudar aos desfavorecidos e conseguir que os heroes fagan o que deben, dado que a maioría pasan de axudar á xente e hai moitos corruptos.
É unha historia moi interesante, con acción , intriga e pinceladas de comedia. Lin uns 40 capítulos e de momento é un gran manga.
-Code::Breaker:
Maravilla. Facía moito tempo que non lía algo como isto, é un manga absolutamente excepcional, dende Psyren non atopara nada deste estilo que me gustase tanto. Así, de que vai?Conta a historia dos Code:Breakers, unha organización que ten como misión correxir as irregularidades do mundo coa captura ou morte de quen sexa necesario. Está conformada por membros adolescentes que teñen superpoderes. Son de varios estilos coma lume, son, mangnetismo, sombra....
O manga ten un estilo escuro, hai moita intriga, isto nótase na premisa dos Code:Breakers "an eye for a eye, a tooth for a tooth, evil for evil", que fai que o protagonista, Ogami Rei, queime ás súas víctimas ata que se converten en cinsas.
A medida que a serie avanza(xa leva máis de 200 capítulos) os personaxes evolucionan e falan máis, o que fai que coñezamos o seu pasado.
Este manga conta con gran popularidade, xa que é do mangaka que fixo Samurai Deeper Kyo(sobre o que falarei neste blog) . Ademáis , vaise estrear un anime sobre este manga.
En resumo? Imprescindíbel
-Gakuen Alice:
Poida que ao dicir que é un shojo haxa xente que non siga a ler e pense que vai ser coma outros do xénero, ñoños e demasiado románticos. Aína que teña elementos así, este manga ten un gran recorrido. Ao comezo é unha historia infantil, dado que conta a historia dun grupo de nenos da escola primaria(logo escola media) que viven nun internado super exclusivo onde poden explotar as suas habilidades(que resultan ser superpoderes). Sen embargo, a historia evoluciona a un matiz máis adulto a medida que pasan os capítulos, con conspiracións, terrorismo e intentos de asasinato.Xa digo que é shojo e como tal nótase no debuxo e na historia(especialmente ao comezo), pero creo que merece unha oportunidade. Unha pena que o anime non faga nada de xustiza, eu recomendo o manga, non o anime.
-Needles:
Este seinen sitúase despois dunha hipotética terceira guerra mundial, que provocou a aparición dun cráter negro en Tokio. Este craer fai que a xente que vive arredor do cráter consiga superpoderes, denominados fragmentos. A xente que non é da cidade chama á xente con superpoderes Needles.É un manga interesante, con boas esceas de acción e grandes doses de comedia. O anime está bastante ben, con 24 capítulos e unha adaptación moderadamente boa. Aquí un exemplo dunha das pelexas de anime(o vídeo di que a mellor pelexa de anime da historia...a min onde me poñan Dragon Ball... XD):
-Darker than black:
Falei das dúas tempadas de anime disto en sendas entradas: Ademáis hai OVAs, mangas,novelas lixeiras....Aquí links as entradas sobre cada tempada:http://ogsn.blogspot.com.es/2010/05/critica-anime-darker-than-black.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/06/critica-anime-darker-than-black-ryuusei.html
-To aru majutsu no Index/Railgun:
Disto falei en 4 entradas, así que todo o que necesitas saber sobre a saga pódelo atopar nesas entradas:http://ogsn.blogspot.com.es/2010/03/critica-anime-to-aru-majutsu-no-index.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2011/06/critica-anime-to-aru-majutsu-no-index.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/03/critica-anime-to-aru-kagaku-no.html
http://ogsn.blogspot.com.es/2010/04/critica-anime-to-aru-kagaku-no-railgun.html
-Zettai Karen Children:
É un manga máis ou menos interesante, non o coñezo demasiado pero parece interesante , por iso o poño aquí. Ten un anime de 51 capítulos
-Takamagahara:
Puxen este manga nas recomendacións porque a pesar de que apenas leve 10 capítulos , é da Weekly Shonen Jump e iso soe siñificar que pode ser bo XD. Conta a historia dun rapaz cuxa familia dedícase a entrenar todo o día pra ser loitadores(son todos homes) pero el quere ser debuxante de manga. Isto cambia cando descobre que ten algún tipo de talento que llle permite ter superforza, polo que decide facerlle caso a un profesor seu e ir con el a unha escola de xente coma el. De momento parece interesante, algúns dos poderes que se mostraron son relativamente curiosos, coma o poder de converter a persoas en palabras e atrapalas nun libro ou o poder de convertir animais en pistolas XD.-Sekirei:
Falei da segunda tempada do anime aquí:http://ogsn.blogspot.com.es/2011/02/critica-anime-sekirei-pure-engagement.htmlO manga é mellor XD
-Enigma:
http://ogsn.blogspot.com.es/2011/12/recomendacion-nigm.htmlhttp://ogsn.blogspot.com.es/2011/12/recomendacion-nigm_30.html
- Back to Home »
- Manga , Manga sobre..... »
- Manga sobre.....superpoderes!
Related Posts :
Manga, Manga sobre.....
