Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 6 de abril de 2014

#manga #anime #ogsn


Boas! Hoxe falaremos dun manga chamado Code Breaker, do que hai un anime de 13 episodios(que vin pero que non tiña a calidade do manga nin remotamente XD) , do mesmo mangaka de Samurai Deeper Kyo. É un manga que rematou dun xeito un tanto abrupto(Non teño moi claro se foi cancelado ou non) pero aínda así o final é aceptábel, se cadra predecíbel pero á fin e ao cabo decente. Imos co argumento!


Code Breaker conta unha historia sobre a existencia dunha organización chamada Eden que vela pola seguridade de Xapón dende as sombras. Así, unha frase que di un dos personaxes resume bastante ben a súa filosofía: "A eye for an eye, a tooth for a tooth and evil for evil" .Tal como se observa na frase, os Code Breaker, integrantes de Eden, son xente con habilidades especiais(a.k.a. superpoderes) , invisíbeis á poboación normal pero que cumpren as misións que lles encomendan sen facer preguntas: atacan o mal con máis mal.
No primeiro capítulo da historia prodúcese un encontro que cambiará a vida dos Code:Breakers para sempre: coñecen a Sakura Kouji, unha rapaza de istituto normal que por algún motivo que descoñecen ao principio parece atraer todo tipo de problemas.
A historia avanza nunha direción en todo momento: Eden é unha boa organización? Fan o correcto? Son aceptábeis os métodos que usan?Así aparecen máis grupos de personaxes, xente con diferentes habilidades e en conclusión conséguese unha historia de superpoderes bastante razoábel.


En canto ao nivel artístico ten un nivel similar ao de Samurai Deeper Kyo, se cadra algo mellor ao contar o mangaka con máis experiencia.O deseño de personaxes é calcado pero iso non é algo malo dado que son deseños característicos e non se comente o erro de facer que tódolos personaxes sexan exactamente iguais.

Como conclusión, é un manga bastante redondo a nivel de historia, do mellor que se pode atopar de temática de superpoderes. A historia é shonen pero pode entreverse a intención do mangaka de avanzar a seinen durante algúns momentos aínda que a historia floxea duramente durante algúns momentos do arco final no que en moitos capítulos non pasa nada relevante. Aínda así notábel.


Nota:8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //