Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 10 de xuño de 2010


No 2007 emitiuse este anime que é máis ou menos coñecido, polo que decidín darlle unha oportunidade. Se ben non é unha obra mestra, é un produto dunha calidade suficiente como para verse pero nada máis. O maior defecto que eu lle podo atopar e a falta de orixinalidade , é dicir, tes a sensación de ter visto o mesmo antes constantemente, aínda que isto non so ocorre neste anime. O autor morreu recentemente así que non creo que vexamos máis deste anime , aínda que cecáis o fagan en homenaxe.É unha serie que ao longo dos seus 24 capítulos polo menos entretén , aínda que non é algo que eu recomendaría cegamente.Se tes pouco tempo, pasa dela.Do estilo maxia e pelexas recomendo Shakugan no Shana nas súas dúas temporadas, de onde colle a maior parte da inspiración.Así, de que vai?
ARGUMENTO
Cun "alarde de orixinalidade", a historia vai dun rapaz que ao comezo é débil, marcha e volve convertido no máis forte despois do seu duo entrenamento.Vale que hai elementos medio innovadores, coma que o rapaz marcha porque o botan da casa e logo tenlle un rencor moi forte á familia ou que non é o típico heroe.
Así, o noso protagonista marcha da casa cando é pequeno porque non ten suficiente opder ao perder nunha pelexa contra unha rapaza chamada Ayano.Así, non valida o honor dos Kannagi i é expulsado do clan. Volve covertido nunha persoa moi poderosa, case seguro a máis poderosa do clan, e vive a súa vida facendo traballos por cartos relacionados coa maxia tales coma exterminar demos, ......Ten un aire de bad boy bastante bo que á fin non é explotado salvo nos caps finais. A ver, iso de chamarlle shinigami quítalle valor a outros míticos shinigamis coma en Bleach ou Darker than Black. A medida que pasan os capítulos chégase a un momento no que o protagonista comeza a recordar a súa historia e porque se converteu no que é. Este momento pareceume un pouco sobrecargado, quero dicir, moitas emocións concentradas sen chegar a un significado claro do caracter previo do personaxe.
PERSONAXES
Kazuma : é o protagonista da serie. Ao comezo era moi débil pero log odun duro entrenamento e de facer un contrato co Deus do vento convértese no máis poderoso. Así, aínda garda u profundo rencor cara os Kannagi e só os axuda por cartos. A súa personalidade é máis ou menos pasota e explórase un pouco o seu lado escuro durante algúns capítulos, aínda que non é moi resultón. É un personaxe bastante estereotipado, típico heroe pasota da historia sen ningún engadido adicional.
Ayano: o desta personaxe a nivel aspecto paréceme unha copia de Shana. Vela e ves a Shana e son calcadas. Esta parece unha versión adulta de Shana. Ademáis de que a personalidade é altamente similar, con expresións moi similares e incluso algún urusei (cálate) por ahí. Cómo personaxe evoluciona dunha parva nena de familia importante a unha boa compñeira para Kazuma. Ten unha espada chamada Enraiha que usa nas batallas. Usa como maxia unha maxia de lume. Ten un carácter bastante despreocupado aínda que sinte celos cando ve a Kazuma con outra, xa que no fondo está namorada del.
Ren: irmán menor de Kazuma. Prototipo de neno "guapo" con ollos azuis e pelo rubio  , ten medo moitas veces  e sempre busca a protección do seu irmán. Ten algún momento bastante épico pero tampouco é nada do outro mundo.Usa maxia de lume.
Certamente hai uns cantos personaxes máis pero é que certamente non son demasiado bos, polo que non os reseño aquí. Os tres que están arriba son os máis importantes.
ANIMACIÓN E BSO
Vale que estivesen facendo ao mesmo tempo RomeoxJuliet pero iso non é excusa. Non é unha boa animación,ten bastantes baixóns e eu creo que podería ser moito mellor. A calidade das pelexas pois é bastante boa, pero o de" heroe gaña sempre no último minuto cunha técnica super secreta que se lle ven á cabeza de repente" é moi mítico.
Non hai demasiado reseñábel da BSO aquí. O opening ten algunhas frases en inglés i é bastante bo pero e o ending polo menos cumpre. Pero non hai ningunha melodía espectacular durante as pelexas, onde eu creo que é onde máis se lle nota a falta.
CONCLUSIÓN
Falando obxectivamente, se tes pouco tempo para ver anime non vexas Kaze no Stigma , é máis do mesmo. Se che gusta o xénero ve Shana. Aínda que para pasar o tempo se ves o capítulos de pouco en pouco pode chegar a entreter, non lle pidas áis de cometido.

Nota: 6.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //