Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 6 de outubro de 2011


Bueno, son sincero, estaba aburrido así que busquei un manga de tipo ecchi para ler . Non obstante, unha vez que o comecei a ler pareceume algo coa dose xusta de comedia e esceas ecchi cun debuxo que me encantou que incita a rematalo. Así, de que vai?


Bueno, pois conta a historia dunha parella de namorados que viven xuntos nun piso. Están moi contentos , xa que tanto o rapaz como o rapaza da parella atopan o "traballo" da súa vida , polo que están moi contentos.
Ámbolos dous traballan para empresas moi importantes pero o que non saben (e despois descobren) é que traballan para empresas que son rivais entre si. Así, serán capaces de sobrepoñer o seu amor ao seu traballo ou ao revés? Le o manga para descubrilo!

Realmente isto tira máis a josei que a shojo , a historia é relativamente adulta con multitude de enredos amorosos e cóntanse bastantes feitos desde o punto de vista de mulleres, así como desde o punto de vista de homes, faise un pouco a distinción dependendo de se se fala do protagonista ou da protagonista.
Así, é un manga con moitos momentos cómicos e ten momentos ecchi, tanto de corte cómico como mencionei previamente como algo máis de corte smut, brilantemente debuxados.
O deseño de personaxes é sen dúbida o punto máis forte da historia, coma en moitas ocasións, as féminas son debuxadas brilantemente aínda que o debuxo dos personaxes masculinos está ben feito(non podo ser obxectivo, ao meu pesar fíxome máis nas persoanxes femininas XD).

Como conclusión, este manga de a penas 20 e poucos capítulos é unha gran alternativa como lectura rápida, simple, sinxela e con momentos remarcábeis, pero que non é unha obra mestra.

Nota: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //