Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 9 de xaneiro de 2010

Ben, chamei a este post review porque este anime xa o vira fai algún tempo, pero volvino ver para fixarme máis nos detalles e facer unha boa crítica del. Girls Bravo é un deses animes que todo o mundo que lle guste o ecchi debería ver, segundo moita xente é un dos mellores deste xénero, eu concordo, aínda que ben é certo que non é perfecta nin moito menos. Ademáis , podería ser considerada soft hentai nalgúns momentos, poño como exemplo cando Miharu proba un plátano por primeira vez, esa escena ten connotacións sexuais evidentes , ocorre nun dos primeiros capítulos. Logo, pois é certo que ten moito fanservice, demasiado, pero tamén é certo que a historia é bastante boa e aínda que a historia se podería resumir en moitos menos capítulos dos que aparecen, a trama na segunda temporada mellora moito cara o final da mesma e o final da serie é un dos poucos que está pensado, xa que é un típico recurso o de finalizar a serie sen final, isto é, u nfinal aberto que deixe o camiño a unha posíbel renovación que só se produce nalgúns casos.Ben, sendo isto así, de que vai a serie? Pois vai dun rapaz chamado Yukinari, que é moi pequeno(chibi-nari) polo que as rapazas sempre abusaron del dsde que era un neno. Por isto desenrolou unha xinofobia(fobia ás mulleres) que lle provoca urticaria cando algunha muller o toca.Un día, cando volve á casa da escola, viaxa a través do seu baño( da súa bañeira, para ser exactos)a un planeta chamado Seiren, onde coñece a Miharu, quen ao tocalo non lle produce urticaria. En Seiren os homes son menos da décima parte da poboación poloque ao saír á rúa unhamanchea de mulleres comezan a perseguilo. Miharu e máis el conseguen chegar á casa de Miharu, ao baño, e volven á Terra. Así, Yukinari atópase cunha linda moza chamada Miharu que agora vive con el.
A primeira temporada céntrase no que é a presentación dos personaxes , é dicir, presenta a Kirie, unha amiga da infancia de Yukinari, que o quere pero non se atreve a dicirllo porque lle da vergoña, aínda que tamén é certo que lle mete unhas palizas a Yukinari por situacións comprometidas(un tópico moi usado na serie) que o deixan medio morto; logo está Fukuyama Kazuharu e Fukuyama Risa(en xaponés o apelido vai diante do nome i é considerado descortés chamar a unha persoa polo seu nome se non é nun contexto moi informal). Ambos son herdeiros dunha grande fortuna e son ricos. Fukuyama é un pervertido que ten andorfobia(fobia aos homse), polo que cando toca a un home ten urticaia e Risa é unha bruxa que usa maxia negra, quen pens que Yukinari é o seu amor ideal porque o escoitou no horóscopo. Tamén están os gardaespaldas, Kosame e Hayate, os gardaespaldas persoais de Risa, Kosame está namorada de Kirie.  Logo atopamos a Lilica, unha personaxe bastante interesante , é unh maide(criada, asistenta de Kazuharu), que estivo na guerra e ten unhas habilidades de combate certamente incribles. Logo podemos citar a Maharu, a irmá de Miharu, que ten trinta anos e non ten mozo, pero sempre anda a buscar un e encárgalle a koyomi e Tomoka, dúas axentes do servicio de espacio-tempo(ou algoasí) que le atopen un na terra. Hai máis pero non considero necesario ponelos aquí xa que a súa relevancia é moi pouca, son flores dundía, como se soe dicir.
Pasemos a analizar outros aspectos: a animación é boa, máis sinceramente nalgúns momentos paréceme que floxea bastante, aínda que hai que ter en conta que nesta serie aínda non se empregaban técnicas para que animación fose HD, polo que non se debería ter moito en conta, xa que non é tan mala, cumpre de sobra.
Se nos pasamos ao aspecto sonoro, debo dicir que a banda sonora é boa, cos seus jingles ben traballados aos igual que openings e endings, aínda que particularmente gustábame máis na primeira temporada que na segunda.
O nivel da historia pois bueno, o certo é que é maioritariamente recheo pero teño que recoñecer que os últimos capíyulos están ben.
Esta foi a primeira serie de xénero ecchi que vin, no seu momento pareceume boísima, agora xa só me parece boa, pero é lóxico xa que é a segunda vez que a vexo e así fíxaste máis nos detalles.Con todo, parécem uha das mellores series do xénero ecchi que se fixeron( o anime é do 2004) aínda hoxe, que sinceramente te podes rir moito con ela xa que ten situación cómicas moi graciosas .
Recoméndoa especialmente, probablemente sexa a miña serie ecchi favorita compartida con chobits( aínda que esta pódese considerar dentro doutros xéneros)

NOTA: 6.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //