Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 10 de novembro de 2012

Hoxe falaremos de mangas de yankees e non me refiro a xente dos Estados Unidos(Ou de forma máis precisa de Nova Inglaterra) . Refírome ao termo yankee dito por alguén de Xapón, cuxo siñificado varía notábelmente. Pra a xente de Xapón, un yankee refírese a un estudante de istuto que non vai a clase e que basicamente é un malote. Os yankees soen agruparse en "gangs" mafiosos  e como rango característico poderíanse citar cicatrices ou pelo louro( En inglés usan a expresión bleach hair) . Así, ahí van os títulos!


-Yankee-kun to megane chan: 

Este claramente vai de yankees, tal como se especifica no seu título.  É un manga orientado a un público shonen con grandes doses de comedia con retales de romance.
Conta a historia de Daichi Shinagawa, un yankee quen pasa de todo na escola. Así, é unha persoa á que todos esquivan debido á súa fama de delicuente. 
Isto preocupa a Hana Adachi, representante do consello estudantil que parece bastante normal-fea debido á forma que ten de vestirse e aos seus lentes, pero  que en realidade non é pra nada un "rato de bilbioteca". Máis ben ao contrario, saca moi malas notas , algo que non evita que queira que tódolos estudantes disfruten da súa vida escolar. Esta actitude súa de facer que todos volvan ao rego remata con Daichi como parte do consello estudantil. Ao comezo non lle fai moita graza, pero logo descobre que non está tan mal.
O argumento do manga é algo máis complexo, dado que Daichi antes era un gran estudante pero botouse a perder e Hana era un Yankee tremendamente famosa pero decidiu abandoar esa vida.
Basicamente é un slice of life realmente gracioso, no que se mostra a vida @s personaxes dende que comezan o istituto ata que o rematan. Altamente recomendado.

-GTO: review xa feita aquí:

-Ocha Nigosu: 

Este manga é similar nalgúns aspectos a Angel Densetsu , que xa reseñei aquí. Así, conta a historia dun rapaz apodado Demo-Ma-kun ,  quen ten un aspecto teorrífico . É unha persoa á que todos temen,máis que nada porque ten fama se ser moi violento. Isto é bastante certo e xunto cun amigo seu fan basicamente o que queren. Sen embargo, todo isto cambia cando Ma-kun se namora da presidenta do club de té , polo que decide que el e o seu amigo se unan ao club de té. Isto da lugar a un montón de situacións hilarantes nas que non comprendern como alguén como Ma-kun se uniu ao club de té e teñen todo tipo de ideas sobre o motivo sen se quera pensar que foi por amor.(Nótese que en xapón a ceremonía do té é algo moi ceremonial que ten que ser feito dun determinado modo . Hai un documental chamado "Cadernos de Xapón: té e sake" onde explican bastante ben iso").




- Kyou kara ore wa: 

Da mesma persoa autora de Ocha Nigosu, aquí temos un manga sobre dous rapaces que queren ser Yankees. Aquí a sinopse segundo baka updates:

Dous rapaces, Mitsuhashi Takashi e Itou Shinji coñécense ao comezo da historia. Resulta que estes dous rapaces van transferirse a un escola nova polo que deciden deixar de ser estudantes correntes e converterse nos delicuentes máis grandes que Xapón teña visto!

-Beelzebub:

Igual algunhas persoas non está dacordo en que Beelzebub é un manga sobre Yankees polo tema de que hai demos , pero na miña opinión, á fin, o tema vai de Yankees XD.
Este manga é un shonen que goza de ralativa popularidade na Weekly Shonen Jump e que conta con dúas tempadas de anime . A historia é a seguinte:

Oga é o típico Yankee de istituto. É algo así como invencíbel, polo que sempre anda a pelexar coa xente no caso de que non lle den a razón ou por algunha razón bastante estúpida, algunhas veces. Non está só, xa que no seu istituto a gran maioría da xente é coma el e pelexan uns contra os outros todo o tempo.
Sen embargo, a vida de Oga da un gran xiro cando remata por se o pai adoptivo de Beel , o fillo do rei demo e o futuro destrutor da humanidade. Isto é así porque Beel ve a Oga loitar un día e tómalle cariño. Dende ese momento, Oga non podes separarse máis duns poucos metros de Beel, se o fai estoupará.
Oga, Beel e a súa coidadora, Hilda, loitan contra varios demos ao longo do manga aínda que as mellores batallas non son necesariamente contra os demos senón contra os outros Yankees de Ishiyama.

Polo anterior pódese deducir que Beelzebub é un manga de pelexas. Certo, pero ten grandes doses de comedia que se balancean coa acción o que fai que o manga se faga moito máis disfrutábel.

-Rokudenashi blues: 

Pra comezar, dicir que isto é un clásico. Este manga evoca a old school  de mangakas que traballaban na Weekly Shonen Jump. Téñanse en conta que a primeira edición deste manga foi en 1988 e a última en 1997 , cun total de corenta e dous volumes. Así, poida que o debuxo (sobre todo ao comezo ) teño un certo aire a Fist of the North Star(Puño da estrela do norte) na liña dos manga de pelexas do 80 , pero o certo é que o nivel de debuxo é algo mellor(non demasiado, pero algo si XD ) .

É un manga de deportes, acción e drama. Conta a historia dun rapaz chamado Maeda que quere ser campión mundial de Boxeo. Así, pra comezar, primeiro debe ser o mellor Yankee de Xapón polo que o manga conta as aventuras de Maeda e compañía mesturado con grandes doses de comedia. 




E ata aquí esta entrada. A próxima será sobre o manga de Air Gear, non a perdades!

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //