Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 12 de xuño de 2014

#manga #anime #ogsn

PAM! Entrada sorpresa! O caso é que fun ver a peli que aparece no título , adaptación dunha novela lixeira chamada All you need is kill, que tamén foi adaptada nun manga.
A adaptación é bastante ....libre, e non me refiro ao feito de que candos os americanos adaptan algo os protagonistas pasan a nacionalizarse dos EEUU XD , senón en que hai multitude de detalles da trama que difiren da obra orixinal: a peli traballa sobre a mesma idea base que a novela pero a execución é notábelmente diferente.
Imos co argumento!

No trailer xa espoilean parte da peli, así que ....máis información ca esa non vai aparecer aquí XD. De feito, é curioso que non apareza a esencia da película ata que pasan uns 20 minutos durante os que  pensas "Guai, o trailer non conta o comezo da peli senón a metade"  e esperas pacientemente que ocorra o que viches no trailer.

A peli comeza con algúns minutos de introdución nos que se di que hai unha raza alieníxena coñecia coma "os miméticos" con aspectos de alien-calamar que chegaron á Terra tempo antes do día de comezo de peli e que teñen gran parte do mundo conquistado. Así, para loitar contra estes miméticos creouse unha unidade de defensa mundial onde os soldados teñen uns exoesqueletos armados ata os dentes para cargarse aliens. 
Logo da introdución preséntasenos ao personaxe de Tom Cruise, un oficial de "propaganda" que ten como misión motivar á xente para unirse á resistencia contra os aliens pero que nunca estivo en combate real, algo que cambia cando remata como soldado raso na que vai ser a misión definitiva para gañar a guerra : A recuperación de Francia. Todo é bastante normal ata que descubrimos que debido a certos sucesos o personaxe de Tom Cruise recibe a capacidade de volver atrás no tempo e repetir o día unha e outra vez.
Non conto máis porque sería spoilear pero digamos que Cruise remata por colaborar coa personaxe de Emily Blunt(Coñecida en internet como Full Metal Bitch) para poñer fin á guerra.





Edge of Tomorrow Tom Cruise Poster



Os efectos especiais son a lei, hai que ser realistas. Os aliens-pulpo son chunguísimos e a pesar de que se bota en falta algo de gore(Quero dicir, a xente estoupa, algo de sangue salpicaría non?) o resultado é espectacular: todo é o máis realista posíbel, algo que se consegue ao introducir CGI sobre escearios reais.
Hai movementos bruscos de cámara, algo que normalmente me molesta pero neste caso están ben feitos e contribúen a construír un clima frenético na película, onde os protagonistas poden morrer en calquera momento(E nunca mellor dito).

A nivel de guión é claro que é altamente predecíbel por momento, que abusa de clichés ata a saciedade e que ten un final bastante descafeinado que contentará a moita xente pero que difire en gran medida do da novela dado que SPOILER ALERT na novela Rita palma e o protagonista masculino remata coma un heroe FIN SPOILER ALERT . A cuestión é: Que máis da? Como peli de acción típica do verán cumpre de sobra e entretén o suficiente para pasar un bo rato. Notábel alto.


PD: Full metal bitch. Ahí é nada . http://www.tumblr.com/search/rita+vrataski

Nota: 8.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //