Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 26 de setembro de 2013
Boas! Hoxe comezo unha nova coleción de post(Outra!? Que cansino este...XDD). O caso é que falaremos de diversos personaxes históricos(Non necesariamente xaponeses). O que farei será , con información sacada de diversas fontes, contar un pouco quen era o/a personaxe, porque foi guai ou importante , datos históricos e , no caso de que sexa posíbel, algunhas das súas aparicións en diversos traballos de ficción(Preferiblemente anime , manga ou calquera tipo de animación ou banda deseñada) . Comecemos!
HISTORIA
Introducción
O señor Nobunaga Oda viviu no período Sengoku(Edo) e coma o resto dos daimyos quería manter o seu territorio. Sen embargo, pra Nobunaga iso non era suficiente polo que decidiu emprender unha campaña pra conquistar todo Xapón, algo bastante complicado se temos en conta que , basicamente, os outros clans non se rendiron pacificamente e en varios casos fixeron cualicións pra defenderse dos ataques do exército Oda.
Primeiros anos
Pero, como chegou Nobunaga a loitar polo control de Xapón? A historia remóntase a cando Nobunaga aínda era novo(Apenas tería uns 18 anos aprox.) e surxiron debates internos que levaron a unha guerra civil dentro do clan Oda polo liderazgo. Isto é así porque certos membros do clan non vían como unha persoa como Nobunaga, que era unha especie de "rebelde sen causa", que pasaba bastante de todo, que se vestía con roupas demasiado vistosa e que falaba cunha linguaxe pouco apropiada podía ser o soberano do clan Oda. Sen embargo , Oda demostrou neste conflicto que , a pesar dos seus defectos, tiñas cualidades que podían levalo a governar. Así, por exemplo, Nobunaga solicitou a axuda do seu tío Oda Nobumitsu, que foi asasinado en misteriosas circunstancias, pra gañar a guerra civil e varias fontes apuntan a que foi o propio Nobunaga quen o matou. Ademáis, despois, cando a guerra civil, xa por aquel entón unha pequena rebelión , daba os seus últimos coletazos Nobunaga deciciu finxir unha enfermidade pra poder achegarse ao seu familiar Nobuyuki e asasinalo. Estes feitos demostra que Nobunaga era alguén despiadado e sen corazón que, con tal de conseguir o que quería, era capaz de matar a quen fixese falla.
Nesta época Nobunaga tivo que loitar unha das súas batallas máis famosas, a de Okezama. Así, Nobunaga foi informado de que o seu inimigo, Yoshimoto, tiña 40000 soldados dispostos a arrasar o lugar onde se atopaba Nobunaga. A resposta del ante isto foi a de dicir que iso era mentira, que habería a metade de soldados e que aínda así non se ía botar atrás. Concretamente, no discurso orixinal di algo así como que naceu pra morrer e que pra aguantar uns días sitiados pra rematar por morrer despois prefire enfrontarse ao seu destino directamente.
Ascensión
A raíz da victoria sonre Nobuyuki Oda e , sobre todo, da victoria en Okhezama , Nobunaga comezou o seu ascenso ao poder. Así, decidiu conquistar o clan Mino, algo que o levou a loitar contra unha figura bastante coñecida deste período como foi Nagamasa Azai.En 1569, Nobunaga Oda tiña baixo o seu control a rexión de Kansai.

Rebelións
Grazas ás súas vitorias e á cantidade inxente de territorio conquistado o emperador do Xapón(de Edo) comezou a ver Nobunaga como alguén relevante e decidiu recompensalo e ascendelo no governo.
Sen embargo, non todo eran boas noticias pra Nobunaga xa que comezaban a aparecer focos de rebelión nos territorios conquistados, coma a chamada "Coalición Anti-Nobunaga" , que conseguiu derrotar. Sen embargo, iso non foi a fin dos problemas dado que houbo moitas rebelións. Non hai unha certeza "absoluta" de se unha das batallas máis famosas(Ademáis da de Nagashino) , a de Tedorigawa, ocorreu realmente , pero de ser así, podería ser considerada un "zas" a Nobunaga, xa que , cun exército moito maior que o do seu opoñente , Kenshin Uesugi, incluso a pesar de romper presas e que os seus soldados morresen xunto cos do inimigo.
Batalla de Nagashino-1575
Caída
A pesar de tódolos problemas, non foron as guerras as que precipitaron a caída de Nobunaga, senón polos seus propios homes, segundo a hipótese máis extendida. Así, Mitsuhide Akechi, despois de estar un tempo con Nobunaga chegou á conclusión de que , a pesar de que finalidade do que Nobunaga estaba á facer , non era a persoa adecuada pra levar a esa tarefa. Así, no coñecido como incidente de Honnoji, Mitsuhide Akechi traicionou a Nobunaga e incendiou o templo no que estaba aloxado xunto co seu exército.
Non está moi claro se Nobunaga pereceu no incendio ou se suicidou nunha localización descoñecida posteriormente .
A morte de Nobunaga provocou que os seus tres "Número 2" Mitsuhide Akechi, Hideyoshi Hashiba e Tokigawa Ieyatsu enazarzáronse nunha revolta pra saber quen era o sucesor. Na próxima entrega comentarei o resultado XD
Conclusión e opinión persoal
Considero que Nobunaga foi un gran innovador e visionario da súa época, xa que fixo cousas que non se repetirían ata a restauración Meiji. Así, tentou impulsar a liberdade relixiosa , como sepode comprobar no feito de que intentou favorecer as relacións cun xesuíta portugués.
Ademáis, foi un dos primeiros rexidores que quixo modernizar varios aspectos do seu dominio como son o equipar con armas de fogo(escopetas, maiormente), facilitar o pago , abrir o mercado aos campesiños, recompensar á xente polos seus méritos e non pola súa linaxe......Cousas que , a pesar do cruel e malvado que era Nobunaga, fixéronno un dos maiores innovadores de Xapón.
Unha das supostas "tumbas" onde descansan os resto de Oda Nobunaga
Aparicións noutros medios:
-Samurai Warriors : Serie de videoxogos ao estilo Dinasty Warriors(Está feita polos mesmos) que conta os conflictos do período sengoku. Xoguei á súa terceira parte e escribirei un post coas miñas impresións no "futuro" XDD.
-Sengoku Basara: videoxogo
-Sengoku Basara : anime
Realmente aparece en MOITOS máis sitios, pero eses son algúns dos máis salientábeis.
Fontes de información:
http://koei.wikia.com/wiki/Nobunaga_Odahttp://en.wikipedia.org/wiki/Oda_Nobunaga
http://www.samurai-archives.com/nobunaga.html
http://senderosdelahistoria.wordpress.com/2007/07/13/oda-nobunaga/
http://sengokubasara.wikia.com/wiki/Oda_Nobunaga
http://moderntokyotimes.com/2012/01/15/japanese-history-and-oda-nobunaga-a-visionary-innovator-and-open-to-christianity/
- Back to Home »
- Comentario , Personaxes históric@s »
- Personaxes Históricos: Oda Nobunaga
Related Posts :
Comentario, Personaxes históric@s
