Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :sábado, 17 de maio de 2014
#manga #anime #ogsn
Outro ano máis publico unha entrada especial co gallo do día das
letras galegas, 17 de Maio. Algunhas veces pregúntome se que sexa festivo é
algo bo, dado que na miña opinión faise un fraco favor á lingua ao conseguir
que a xente relacione este día cunha ponte ou cun festivo, sen poñen ningún
interese en celebrar nada que teña que ver coa lingua galega...
A cuestión é que usar o galego non é cousa dun día, non debería
necesitarse a celebración dun día coma hoxe se as cousas fosen como tiñan que
ser. Curioso é o caso das institucións universitarias, onde se poñen medidas
coma a concesión de becas pola realización de publicacións en galego. Non
necesito ningún tipo de remuneración económica por falar en galego , era o que
faltaba tamén XD
Decidín escribir este blogue en galego porque é o meu idioma, un
no que me sinto cómodo e sobre todo no que me resulta agradábel escribir. Non
hai moitos blogues de anime en galego(Os que eu coñezo cóntanse cos dedos das
mans e sobran dedos XD) así que considero que foi unha boa adición á blogosfera
.
E iso foi todo, a semana que ven volverán as entradas sobre anime
e manga, ata entón!