Newest Post
Maka Chop!
Igual a frase anterior non é a máis representativa de todo o anime pero sen dúbida recolle o punto gracioso do anime: o interesante é que se move bastante ben entre a comedia e a acción, dando máis importancia á acción por momentos pero ten un equilibrio bastante logrado que fai que o anime sexa moi dinámico e moito máis disfrutábel do que se podería esperar. Hai un manga homónimo que aínda non rematou e que difire bastante do anime ao chegar a certo punto(e cando digo que difire bastante refírome a que hai que ler o manga ao chegar a ese punto XD ) pero aínda asíp o anime cumpre bastante ben. Imos co argumento!
ARGUMENTO
Argumentalmente parécese a Bleach de Tite Kubo en moitos puntos da historia, aídna que ao meu parecer enfoca o mundo dos Shinigamis dun xeito moito máis desenfadado.
Así, conta a historia dunha serie de personaxes que viven nunha cidade ondes existe a Academia Shinigami, un lugar onde se entrena ás persoas para que sexan capaces de loitar coas súas armas e derrotar espíritos malignos.
O diretor da academia e o seu fillo son os únicos shinigamis auténticos que hai, aínda que hai outros personaxes que son igualmente válidos para a loita a pesar de ser humanos.
Así, os humanos que son capaces de loitar grazas aos coñecementos adquiridos na Academia son chamados técnicos . É importante salientar que as armas son persoas, de xeito que para loitar transfórmanse en armas , ao estilo de series como Seiken no Blacksmith.
Hai varios protagonistas na historia, de feito nos tres primeiros capítulos cámbianse de protagonista en cada capítulo pero sen dúbida a protagonista indiscutíbel(no anime, no manga non tanto) é Maka , unha técnica que ten como compañeiro (arma) a Soul , que sen tranforma nunha Scyte(gadaña) e loita xunto a ela.
A serie móvese entre momentos cómicos e momentos de acción, demostrando unha estrutura claramente shonen na que os personaxes aprenden técnicas e ataques novos co paso dos capítulos para derrotar a inimigos cada vez máis fortes.
PERSONAXES
Na miña opinión, a protagonista da historia é Maka, seguida por Soul, aínda que os outros "loitadores" son tamén importantes : hai momentos nos que se narra a historia sen Maka e se usa a Black Star ou a Kid como protagonistas, pero non é o habitual.
É importante recordar que as armas son persoas que teñen a capacidade de transformarse en armas para loitar xunto aos seus compañeiros(técnicos ou shinigamis).
Maka: é unha rapaza que é unha técnica e se dedica a cazar demonios en misións que se lle asignan.
O seu obxectivo é acadar 99 almas de kishin e 1 de bruxa para poder converter a Soul, o seu compañeiro-arma, nunha Death Scyte, arma que pode ser usada polo Shinigami, o alcalde da cidade , polo seu gran poder.
É unha rapaza que sempre valora a xustiza i que é bastante extrovertida, sendo moi difícil desanimala .
Aínda así, ten un gran aprezo por Maka e sempre intenta protexela con todo o que ten .
É un gran amigo de Black Star.
Black Star: técnico que procede dunha familia de asasinos que tamén se dedica a levar a cabo as misións que lle encomendán. Ao contrario que Maka e Soul(quen teñen un índice de éxito moi alto) Black Star e Tsubaki, a súa arma, teñen un índice de fracaso altísimo , debido maiormente a que Black Star é bastante patoso e sempre quere sobresaír por encima de todos e destacar o máis que poida.
Non obstante, é capaz de poñer o seu orgullo de lado se é para protexer á xente que lle importa.
É amigo de Soul.
Tsubaki: é unha rapaza que se pode convertir en diferentes tipos de arma(fouciña con cadea, espada, shuriken...) dependendo do que Black Star lle solicite. É o oposto a Black Star: unha persoa moi calmada e que sempre pensa antes de actuar, polo que coida frecuentemente de Black Star e intenta que non se meta en líos.
É amiga de Maka.
Death the kid : fillo do Shinigami(neste anime só hai un XD) , Kid podería ser considerado tamén un shinigami , aínda que o seu poder non é comparábel.
É considerado o mellor estudante de Shibusen(o nome da academia na que todos estudan técnicas de loita) sendo moi poderoso e rápido , incluso sen usar ningunha arma.
Sen embargo, ten unha gran debilidade: é un obseso da simetría, isto é , todo o que o rodea debe ser simétrico, dahí que en lugar de usar unha arma soa use un par de pistolas. No caso de que algo non sexa simétrico a súa capacidade de loitar vólvese nula XD.
Lizz e Patty: son as dúas rapazas que son capaces de transformarse en pistola e que Kid usa como armas. Así, Lizz é a máis alta, tendo unha personalidade seria e asústándose con facilidade , ao contrario que Patty, que ten unha personalidade moito máis desenfadada.
Un gag recurrente con estas personaxes é que Kidd está decepcionado de que o tamño dos peitos de Lizz e Patty sexa diferente, algo que non cumpre coa súa filosofía da simetría.
Hai máis personaxes, pero os anteriores son os que teñen o rol máis protagonista dentro da historia.
ANIMACIÓN E BSO
Algo que Soul Eater fai moi ben é conseguir un ambiente tenebroso, lúgubre, coma se se tratase dunha película de Halloween, algo moi acorde á suá temática.
Así , atopamos cores escuras na maioría da esceas e un manexo da luz ben logrado.
Este AMV recolle bastante ben esa esencia:
A BSO é bastante potente , os seus dous openings gustáronme e os temas de batalla están ben logrados. O primeiro opening é este:
CONCLUSIÓN
Soul Eater é unha auténtica maravilla en moitos aspectos, isto é, ambientación e desenrolo de personaxes, se ben floxea algo na segunda parte do anime o que é a historia, dado que difire moito do manga e ten un final inconcluso.
Aínda así, é un anime altamente recomendado con grandes doses de acción e comedia.
Nota: 8.75
- Back to Home »
- accion , Anime , comedia , Nota entre 8 e 9 , shonen , Soul Eater »
- CRiTiCa ANiMe: Soul Eater