Newest Post
Hoxe falaremos deste anime que vin porque no ntiña outra cousa que ver naquel momento e que certamente non é un "top" , pero que ten os seus momentos.
A serie animada conta con 12 episodios e logo hai 2 mangas(dos que eu else algo, logo hai máis), un con material máis explícito e o outro non(polo menos no do material explícito hai tetas...no segundo nin iso XD)
ARGUMENTO
Argumentalmente, en canto a premisa polo menos, o anime non é malo. Conta a historia dun rapaz que acaba de entrar na universidade que ten que facerse cargo de tres rapazas (dúas van na escola emdia e a outra está no parvulario) despois de que a irmá do protagonista e o home da mesma morran nun accidente. Así, o protagonista decide acoller ás tres rapazas pra que non estén separadas.
Así dito soa a dramón, especialmente porqe o protagonista ten que traballar en varios traballos pra poder manter ás tres rapazas e tal . nada máis lonxe da realidade: drama pouco , o anime está máis ben orientado a ser un shonen ecchi(pouco) e de comedia sen demasiadas pretensións. A súa filosofía é mostrar o maior número de cousas cute que poida por minuto(véxase a nena pequena ou as outras dúas rapazas, que se supón que son lolis) aínda que tamén está unha amia do protagonista que ten uns peitos notablemente grandes.
Argumentalmente é floxa, é un slice of life sen demasiado contido intrínseco: o que se ve é o que ahi, todo slice of life con momentos de comedia repetitivos e sen graza aderezados con algunha escea que intenta emocionar ao espectador pola súa tenrura. Non o consegue.
PERSONAXES
-Yuuta Segawa: protagonista masculino da histoira. É un rapaz bastante inocente que se ve forzado a madurar rápido pra conveterse nun pai de familia e poder coidar ás rapazas.Así, ao comezo da historia é moi indeciso pero logo cambia e vólvese máis serio.
É un rapaz que é bo, ten unha personalidade que lle soe gostar ás rapazas.
-Sora Takanashi: tsundere da familia. Unha das tres irmás que agora vive con Yuuta. Ë a máis maior das tres e probablemente a máis responsábel.
Axuda a Yuuta en todo o que pode(que basicamente son tarefas da casa) e incluso se prantexa deixar de cantar no coro da súa escoal pra axudar a Yuuta máis tempo.
Ademáis, está namorada secretamente de Yuuta e ponse moi celosa cando Raiak actúa de modo cariñoso con el. É moi parecida a Haruhi Suzumiya.
-Miu Takanashi: a irmá do medio de Sora e Miu. É un persoa moi activa e que sempre tenta ter boa cara a pesar das dificultades , aínda que tamén ten momentos no que está triste.
É moi botada pra diante e sempre intenta vacilar a Yuuta, aínda que suponse que tamén está namorada del.
-Hina Takanashi: é a única que é filla da irmá de Yuuta, as outras dúas son fillas do anterior matrimonio do home da irmá de Yuuta. É unha rapaza moi activa e que ten un aspecto moi cute, polo que os seus diálogos consisten en frases graciosas pronunciadas con acento infantil.
A súa personaxe favorita de anime é Luna-Luna.
Street observation Research Society(Sociedade de obsercación e investigación da rúa): Yuuta pertence a un club(algunhas veces noutros mangas(animes denoinan este tipo de asociacións como "círculos") que basicamente dedícase a....cousas raras XD. Non teñen unha misión en concreto, dedícanse a facer experimentos sobre a sociedade pra analizar o seu comportamenteo, moitas veces sobre Yuuta.
Yuuta entrou no club enganado (xunto cun amigo seu) e agora quédase porque hai unha rapaza da que está namorado no club.
-Raika Oda: rapaza de carácter tremendamente complicado que parece ter sentimentos de afecto ou algo máis cara Yuuta, aínda que non se mostraron explicitamente.
É unha rapaza tremendamente guapa e cun gran corpo, grandes peitos e unha figura que parece a dunha modelo. Sen embargo , rexeitou a tódolos rapaces que se lle confesaron e só lle presta interese a Yuuta.
A maioría das veces parece ser indiferente a todo ao seu arredeor e só parece importalle ela mesma, aínda que algunhas veces móstrase amábel, como cando decide axudar a Yuuta coas súas novas inquilinas.
-Kouichi Nimura: playboy nato que leva saído con media universidade e que por diversas circunstancias remata baixo coacción no mesmo club que Yuuta.
A pesar de todo , é unha persoa bastante razoábel e a axuda a Yuuta nos momentos de necesidade.
-Shuntarou Sako: presidente do club , cun carac´ter temendamente posesivo e que só sab captar membros con trampas e estratexias similares.
Ten unha debilidade polas nenas pequenas (lolis) polo que Yuuta intenta que non se entenre de que tres rapazas novas viven con el, pero ao final entérase. Ten un parecido físico bastante importante con certo personaxe de highschool of the dead. Creo que é obvio cal.
ANIMACIÓN E BSO
A nimación non necesitaba ser épica e non o é...basicamente cumpre, tódalas cores son moi coloridas e non hai baixóns cantosos, é algo.A banda sonora suponse que ten que ser potente en momentos e lenta noutros pra mostrar contrastes de drama e felicidade. Consígueo a un 50% digamos.
CONCLUSIÓN
Hai cousas mellores do xénero pra ler. Se queres ver as tetas de Raika le un dos spin-off, en caso contrario, perdes o tempo vendo isto.NOTA: 4
- Back to Home »
- comedia , ecchi , Listen to me girls I am your father , Nota entre 4 e 5 , shonen »
- CRiTiCa ANiMe: Listen to me girls I am your father!