Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 10 de agosto de 2010



Aquí reseño este anime da tempada de primavera 2010 quepara min foi unha das grandes revelacións xa que eu polo menos non esperaba que fose como foi. Por definilo dalgún xeito, sería humor WTF!?, é dicir, situación moi absurdas que certamente hai momentos que non teñen graza pero outros momentos poden facerte rir a gargalladas polo absurdo das mesmas. Agora o argumento:
ARGUMENTO
Arakawa under the bridge conta a historia dun home chamado Riku, un exitoso empresario que leva vivido a súa vida sen deberlle nunca un favor a ninguén a raíz do que lle inculcou o seu pai polo que non ten ningún amigo. Sen embargo, un día uns rapaces colgan os seus pantalóns nunha ponte( a ponte sobre o río Arakawa, que existe na realidade) e el non pode baixalos. Chega a "ultralinda" Nino, unha muller máis ou menos da súa idade que lle devolve os seus pantalóns.Así, Riku debe por fin un favor.Pregúntalles a Nino como quere que llo pague e ela pídelle que sexa o seu mozo. 
Así comeza esta historia chea de momentos moi cómicos e cun argumento certamente extraño e ao mesmo tempo refrescante, innovador, non "o mesmo de sempre". Na ribeira do río Arakawa viven toda unha tropa de personaxes variopintos que forman unha comunidade que lle darán unha morea de crebadeiros de cabeza a Riku, que tratará como pode de adaptar a súa vida de alto "standing" a algo moito máis humilde.A serie non segue un ritmo prefixado, como moito hai dous, tres arcos , a maioría son capítulos independentes que contan pequenas historias a modo de one-shots.Especialmente gracioso é á fin de cada capítulo cómo un home vestido-disfrazado de "kappa" na realidade camiña pola ribeira ante a atónita mirada dos viandantes.


PERSONAXES
Hai bastantes personaxes, creo sinceramente que este é un anime onde priman máis os personaxes que a historia . Son todos cunha personalidade pouco cliché, sempre xogando ao equívoco, ao "disgust" como se di en inglés, pretendendo ser o que en realidade non son. 
-Ichinomiya Riku: protagonista masculino da historia e que por culpa de deveolver un favor queda a vivir na ribeira do río Arakawa. É u personaxe cunha fortes convicción éticos e filosóficas, é moi difícil para el aceptar que pode recibir axuda dos demáis ou que os demáis teñen modos diferentes pero no npeores de facer as cousas. Está namorado de Nino, polo que semepre intenta facer todo o que está na súa man para compracela, o que pasa é que sempre falla e remata quedando mal.Pouco a pouco vanno aceptando os demáis personaxes e o xefe kappa dalle o mote de"Recruit"(recluta) , xa que todos na ribeira teñen un nome.
-Nino: protagonista feminina da historia. Di que é de Venus e así non sabe moitos dos costumes da Terra. A súa cara é totalmente inexpresiva quitando algún contado momento e certamente ten un beleza cautivadora que volve tolos a Riku e a Hoshi. A súa persnoalidade é introvertida, non no senso de metida en si mesma, xa que fala con todos, senón nun senso de que fala pouco e as súas conversacións soen ser vacías e carentes de sentido, resáltase moito a súa "estupidez".
Hoshi: home-estrela, é dicir, é un home cunha careta de estrela, certamente o seu aspecto é moi cómico. O seu traballo é ser o músico da ribeira. Está namorado da "ultra-linda" Nino.
Xefe: todos agás Riku o respeitan coma se fose un Deus. É un home metido nun traxe de Kappa aínda que el insiste en que é un Kappa de verdade. Pode parecer parvo pero certamente é intelixente cando o momento o prefire e sempre toma a mellor decisión.
Irmá: en realidade é un home pero vai vestido de monxa e rexenta unha igrexa. Ten unha gran cicatriz na cara xa que no futuro foi soldado e aínda lle quedan algunhas maneiras.
Stella: nena que á primeira pode parecer moi kawaii pero que ten un poder destructivo enorme sse non se fai o que ela quere e que uérelle á Irmá ata grados inospeitados.
Os xemelgos: dous rapaces dos que non se sabe a idade exacta que din que teñen superpoderes e que levan unhas máscaras sempre para que o seu laboratorio secreto non o atope.
Blanco: un home que deixou a súa casa e á súa muller para dedicarse a pintar liñas brancas cun aparato coma co que se pintan nos campos de fútbol.
P-ko: unha rapaza que se dedica a cultivar o vexetais para os habitantes da ribeira a quen ninguén se achega porque é tan patosa que as persoas arredor súa corren perigo de morte.
María: unha granxeira que parece moi amable pero que aterroriza incluso á Sister e que o seu pasatempo é meterse cos demáis e vacilalos o máis que poida.
Hai máis personaxes, na ribeira hai unha densidade de poboación bestial(xD) , cada un ten a súa tarefa e todos viven xuntos e en harmonía normalmente.


ANIMACIÓN E BSO
A animación está mi ben , sobresaínte, buscouse o detalle, o escenario da ponte Arakawa existe e buscouse que se parecese o máis posíbel ao lugar real o que é de agradecer..A BSO é fresca, con temas rítmos destes que se che quedan na cabeza moito tempo e sempre andas a tararear cunhas letras igual que a serie, sen sentido.Aquí un exemplo co opening.





CONCLUSIÓN
Un anime que ou pódeche gustar moito ou pode parecerche moi moi malo, xa que é un humor un pouco especial e a moitas persoas parécelle demsiado estúpido.A min particularmente gustoume o ton xeral do anime e creo que  esa frescura que ten dalle un toque que che faga querer ver os caps .Recomendábel.


Nota: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //