Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :martes, 24 de agosto de 2010
ARGUMENTO:
En resumo, poderíamos dicir que a historia de Durarara!! é a historia de Ikebukuro, un barrio de Tokio que existe na realidade, caracterizado pola súa gran poboación e por ser o escenario de frecuentes obras de ficción, ben sexa anime, manga, novelas, cine,etc. O caso é que neste barrio, que podería ser considerado unha cidade, viven todo tipo de personaxes, cada un coa súa historia que se van entrelazando unhas coas outras ata crear unha gran historia. O personaxe protagonista poderíamos dicir que é Ryuugamine Mikado, un rapaz que ven a estudar á cidade de Tokio dende o campo. Alí está o seu amigo da infancia Masaomi Kida, que lle ensina a cidade e co que comparte historia. Dicir máis sería spoilear a dor, é dicir, dicir quen é cada personaxe e porque fai o que fai e parte da graza da serie. Aínda así, podo dicir que está dividida en dous argos de aproximadamente doce caps cada un, sendo así que no primeiro arco a perspectiva da narración é máis sobrenatural e no segundo decídese por unha perspectiva máis realista.
O universo no que se desenvólvese é escuro, a maioría das accións desevólvense de noite, na escuridade e escondéndose dos demáis.
Non todo son cousas boas claro, cecáis o fallo que lle topo no tema argumental sería que floxea moito nos últimos caps, o ritmo , se xa era lento antes, é aínda máis lento, polo que o final dalgún xeito fíxoseme lento en execución pero sen embargo apresurado en responder preguntas, esperemos unha segunda temporada.
PERSONAXES
Algo importante que dicir é que o status de personaxe principal é aplicado a case tódolos personaxes da historia, xa que en moitas escenas son algúns personaxes aparecen coloreados, aparecendo a xente ao seu arredor nun tono grisáceo para resaltar que non teñen importancia e resaltar aos demáis. Así, empezo:
-Ryyugamine Mikado: rapaz que ven do campo a estudar á cidade .É un rapaz bastante inseguro de si mesmo e ten u ngra secreto que oculta aos demáis pero que logo se descubre. Está namorado de Anri Sonohara.
-Kida Masaomi: un rapaz compañeiro e amigo de Mikado, que por fora parece un rapaz moi risoño e alegre, sempre con bromas, pero que é constantemente perseguido polas pantasmas do seu pasado.
-Heiwajima Shizzuo: un home de carácter tremendamente forte que é considerado por moitos o máis forte de Ikebukuro, xa que é capaz de levatar un coche coas súas mans ou outras cousas que un ser humano normal non podería.Anda sempre vestido cun uniforme de camareiro.
-Simon: non se afonda demasiado no personaxe pero sábese que é un ex-soldado do exército ruso que vende suxi ruso nun restaurante . É tremendamente forte.
-Selty: probálmente a mái misteriosa. É unha motociclista sen cabeza que se dedica a facer encargos moi perogosos e que é practicamente inmortal.
-Izaya: o "malo" do anime. É alguén que pese a non actuar consegue mover os fíos de al maneira que á fin sen consegue que os demáis fagan o que el quere.
Hai máis personaxes per creo que estes son os máis salientábeis, de todas maneiras, hai caos nos que os protas non aparecen e so aparecen secundarios, polo que a diferenza entre protas e secundarios case non aparece neste anime, algo que eu agradezo.
BSO E ANIMACIÓN
A animación ten un estilo bastante particular, aínda en HD, as formas dos personaxes poden parecer toscas por momentos e con demasiadas sombras, pero eu creo que resalta en certo modo o aire de novela negra e misteriodo anime.De toads manaeiras, moi ben neste apartado. Cómpre salientar algunhas curiosidades ao respeito, coma o que mencionei arriba de que só os personaxes principais están coloreados e o resto deles aparecen en branco e negro, creando un efecto bastante interesante.
Se falamos da BSO é moi moi boa, do mellor que oín, ao nivel de outras grandes coma a de Noir. Neste caso estamos ante un estilo que combina algo así coma jazz ou soul con melodías rockeiras e outras tipo baladas de corte máis clásicos con instrumentos coma o violón ou o piano, que escoitas sen ver o anime e gústanche igual.
CONCLUSIÓN
Mmmm...Hai que velo. Ten un apartado sonoro e de animación sobresaínte , pero sobre todo o que me pareceu o mellor é ese argumento que en certo modo componse de moitas historias e que xuntas forman unha soa.
Nota: 8.5
- Back to Home »
- Anime , Durarara , Nota entre 8 e 9 »
- CriTiCa ANiMe: Durarara!!
Related Posts :
Anime, Durarara, Nota entre 8 e 9
