Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :sábado, 1 de febreiro de 2014
#manga #anime #ogsn
PROTESTO! UN MOMENTO! MÁIS FRASES QUE NON RECORDO ! XD
Boas! Hoxe falaremos de Gyakuten Sayban(máis coñecido como Phoenix Wright , o de Wright adaptado do de "naruhodo", que seguro que non se escribe así XD, pero que siñifica algo así como "xa vexo") dado que existe unha película live-action sobre dita saga de videoxogos.
Cando un escoita live-action xaponés pensa:"A ver con que truño me sorprenden esta vez". Sen embargo, hai certas producións que non son tan malas, aínda que sen o nivel dunha película normal.
A nivel argumental non hai moito que contar se xogaches aos xogos, dado que o caso/casos que saen na película son os mesmos. Así, atópamonos na película cunha representación con casos do primeiro xogo(Os que teñen a palabra "turnabout" no seu título).Así, ao comezo da peli, na primeira escea, vemos como asasinan á mentora de Phoenix Wright, Mia ; e a o estilo dos xogos os protagonistas investigan ata dar coa verdade. Non digo máis sobre o argumento porque realmente é copy-paste dos xogos XD, así que se queredes saber máis só tedes que mirar o argumento dos casos nos xogos.
O certo é que hai cousas que están ben nesta adaptación, coma ese rollo de xuízo futurista, con grandes máquinas que proxectan imaxes en 3d para que sexan vistas por toda a sala(Cando un xoga ao xogo non se lle ocorre pensar que o que pasa nel requeriría dunha tecnoloxía do copón nalgúns casos XD) . Ademáis, en certo modo, captúrase certa esenza da franquicia: a peli ten os seus momentos graciosos e en certo modo os personaxes están máis ou menos ben construídos a nivel teórico, aínda que se analizamos o fidedignos que son con respeito dos deseños do videoxogo.....mal XD. Creo que quen máis se parece pode ser Maya, dado que ten un aire bastante aproximado. Pero é que o resto....Phoenix Wrihgt parece Son Goku cunha peluca pegada, Edgeworth non é tan cantoso pero tampouco me gustou, Gumshoe non se parece nada(Por iso de que o deseño do personaxe no xogo non é moi xaponés XD)...case se parecen máis os secundarios que os protagonistas.
En resumo, podía ser peor, o certo é que é unha peli soportábel por todo tipo de público, aínda que non sexas fan da saga de videoxogos. Aquí o trailer:

- Back to Home »
- Gyakuten Sayban , pelis , Phoenix Wright »
- CRiTiCa PeLi: Gyakuten sayban
Related Posts :
Gyakuten Sayban, pelis, Phoenix Wright