Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 19 de maio de 2013


Boas! Medaka Box rematou fai pouco así que toca facer unha comentario sobre este manga. Cómpre dicir que é un manga shonen que estivo na Jump varios anos onde gozous de relativa popularidade, aínda que rematou cancelado polos seus baixos ratings ultimamente.Así, é un manga de corte shonen, con elementos de comedia, artes marciais e moita "filosofía da amizade", cousa tan típica nos mangas desa revista.

Medaka box é un manga que se les o argumento non te fas unha idea no que realmente pasa no manga a partir de certo punto, xa que o argumento só é aplicábel aos primeiros capítulos. Así, ao comezo, o manga é una comedia escolar na que Zenkichi , un rapaz sen ningún talento especial e Medaka, unha rapaza superdotada en todo forman o concello estudantil e poñen unha caixa de suxestións pra intentar cumprir os desexos que os alumnos poñan na caixa. Así, é un coñazo XD. Pero tranquil@s, que a cousa cambia aos poucos capítulos e un pouco aleatoriamente o manga vólvese de acción e pelexas, con xente con superpoderes e pelexas épicas con grandes toques filosóficos polo medio(que poden resultar cansinos) mesturado con sagas nas que tentan que o lector use a cabeza pra desentrañar os misterios en lugar de pelexas á usanza, cos personaxes como detectives con probas de enxeño.
O manga é bastante raro, quero dicir, buscarse lóxica a moitas das cousas que suceden no mesmo é bastante complicado: supoño que iso é parte da graza de ler o manga.

Non é un manga epicamente longo pero ten 20 volumes recopilatorios así que é razoablemente longo pra un manga shonen , se temos en conta que moito tempo non ten un argumento definido XD.

Se falamos de personaxes, algo curioso é que o personaxe máis carismático é Kumagawa Misogi, que non é protagonista, senón un secundario. De feito, cando fixeron a enquisa de popularidade, quedou de primeiro, con que superou a Zenkichi, Medaka e outros principais, algo bastante curioso. Non é tanto curioso se les o manga e ves ao personaxe: é un fenómeno XD. É un vilán, pero ten unha persoalidade moi carismática, ao ser cínico e despiadado pero risoño e alegre a partes iguais(ten moitos cambios de humor). Ademáis, a súa habilidade(Non espoileo XD) tamén fai que sexa un personaxe moi interesante.


Se falamos de debuxo o manga está ben, realmente nótase unha evolución dende o seu comezo ata que remata notábel, hai unha gran melloría na calidade dos trazados. Esta melloría vese reflexada, sobre todo, nos personaxes, tanto masculinos como femeninos, aínda que sobre todo nas personaxes femeninas, típico de mangas con contido ecchi coma este.

Como conclusión, Medaka Box comeza floxo, ten un nó máis que aceptábel e un tramo final bastante malo, polo que se temos en conta todo isto, o cómputo global danos de nota un 6.5.



Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //