Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 25 de marzo de 2013





Boas! Hoxe comentarei o argumento e impresións en xeral das novelas 5 e 6 de Sword Art Online, que contan o arco argumental inmediatamente posterior á fin do anime.
Antes de comezar co comentario, aproveito pra facer publicidade da páxina de google + e do twitter do blog, dado que se estades suscritos por rss e usades google reader xa veríades que dito servizo vai ser clausurado. A solución que propoño é seguir o perfil de twitter ou o de google +, onde aparecerán publicados links ás entradas e poderedes estar informados de cando se publica unha nova entrada. Isto podería verse como unha estratexia pra gañar visitas(Dado que se se len os post en google reader non contan como visita) pero non quero que sexa así e de feito hai algúns servizos similares a google reader aos que vos podedes cambiar.

Páxina de twitter: https://twitter.com/OGSN1
Páxina de google +: https://plus.google.com/b/100746854691245799165/100746854691245799165/posts

Despois do párrafo "coñazo" anterior pasemos ao interesante(Evidentemente con SPOILERS a eito)
 A novela 5 comeza con tódolos personaxes no mundo real, xusto despois de salvar a Asuna de Alfheim .
Kirito e Asuna saen xuntos e asisten a un istituto especial pra xente que estivo atrapada en SAO pra evitar problemas de integración. As situacións presentadas ao comezo son bastante banais e non aportan demasiado ata que Kirito é solicitado por certo personaxe misterioso. Dito personaxe, cuxa ocupación é secreta aínda que Kirito sospeita que é xefe de algo no governo, reúnese con Kirito nunha cafetería moi luxosa onde despois de charlar uns minutos devélalle a Kirito a razón pola que o citou: ten un traballo pra el. Kirito séntese en deuda con este señor dado que contribuíu activamente á súa rehabilitación cando saíu de SAO polo que decide escoitar a súa proposta, que resulta ser a investigación dunha serie de mortes misteriosas de xogadores dun MMO similar a SAO. Concretamente, o do governo informa a Kirito de que solicitou a súa axuda dado que parece similar a SAO no senso de que as dúas víctimas que houbo morreron ao mesmo tempo no videoxogo e na realidade, tal como pasaba en SAO. Kirito non se cre a historia polo que decide investigar pra aclarar o malentedido así que grazas a The Seed(A semente), o último regalo de Kayama Akihito copia os seus datos de Alfheim Online a GunGaleOnline (Creo que se chamaba así XD) pra poder investigar. A primeira sorpresa coa que se atopa Kirito é que o avatar, que o xogo asigna de maneira aleatoria, a pesar de ser de sexo masculino ten un aspecto moi feminino , o que levanta unha gender bender flag XD.
Despois de camiñar por alí un pouco coñece a unha rapaza que lle axuda a equiparse , a conseguir cartos e a apuntarse no gran torneo do xogo pra investigar a participantes sospeitosos que poidan ser asasinos.
Dita rapaza é chamada Sinon no mundo de Gun Gale Online e confunde a Kirito cunha rapaza , o cal leva a unha serie de malentedidos que resultan coun cabreo enorme dela con Kirito por vela espida "virtualmente".
Logo da presentación de tódolos personaxes comeza o torneo. Kirito decide equipar como arma principal unha sable de luz(Ben por Kirito) e de arma secundaria unha pistola normal mentres que sinon decide ter como arma principal a Hecate, un rifle de longo alcance pero que ten como desvantaxe que tarda batante en recargar as súas balas. Sinon colle esta arma pra matar do primeiro disparo coma un francotirador, dado que no xogo tanto o oponente coma o propio xogador ven un círculo onde se supón que impactará a bala ao apuntar e dito círculo non é visto polo opoñente durante o primeiro tiro da Hecate, unha gran vataxe pra Sinon.
Despois de diversas batallas onde podemos observer o nivel de awesomeidade do girly Kirito ao cortar balas pola metade co seu sable de luz remata a ronda preliminar e tamén a novela 5.
Na novela 6 cóntanse as finais e o desenlace do arco argumental.
Datos de interese son que Sinnon realmente é moi asustadiza na vida real e debido a certo incidente no que lle disparou a un home sen querer cando era pequena pra salvar á súa nai nun atraco dun banco ten un gran trauma coas armas, razon pola que se meteu en Gun Gale Online(Pra tentar superalo).
As batallas son bastante emocionantes e seguen a liña da novela anterior coa salvedade de que Sinon e Kirito rematan por traballar xuntos ao descubrir que realmente hai un Death Gun, un home que mata xente no xogo e misteriosamente morren ao mesmo tempo no mundo real. Á fin resulta que o sistema non é o mesmo que en SAO, dado que MEGASPOILER Death Gun ten un cómplice no mundo real, que resulta ser o único amigo de Shino, quen lle administra ás víctimas un veleno e remátaas ao mesmo tempo que Death Gun no mundo virtual. Así, Kirito salva a Shino momentos antes de ser asasinada polo Death Gun do mundo real .
No final do libro o único destacábel é o momento no que Shino coñece a unha muller que estaba no banco onde Shino lle disparara a aquel home(que resultou non estar morto) que lle agradece que lle salvase a vida , o que fixo que puidese ter unha filla.


E ata aquí o rough summary, por chamarlle así. Un sáudo.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //