Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 25 de marzo de 2013


Boas! Aquí volvo con outra entrega da coleción de post sobre xogos . Nesta ocasión falaremos sobre un tower defense que vai sobre monos e globos, unha combinación curiosa. Así, nesta quinta entrega, que eu xoguei(E xogo ) e kongregate pulíronse varios dos fallos das anteriores entregas pero a filosofía principal é a mesma de sempre: colocar os monos en posicións estratéxicas pra que exploten os globos.

Como bo tower defense ten moitas unidades diferentes, cada unha con diferentes actualizacións que poderemos comprar  a medida que avancemos na partida con cartos . Un toque interesante relacionado con isto é o de que non podemos potenciar unha unidade ao tope: hai dous camiños de actualización e se a potenciamos por un camiño non se pode potenciar polo outro, polo que é importante elexir ben.
As unidades son moi variadas e van dende monos que lanzan dardos, monos con boomerans, monos magos, barcos , avións de combate, máquinas que lanzan clavos ao chan, monos que conxelan, monos que ralentizan aos globos e outros, cada unha con upgrades pra facelas máis poderosas.

Basicamente o xogo consiste en que tes que pasar unha serie de rondas sen que se che cole un número determinado de globos, que se reduce en función do nivel de dificultade que xogues; isto é, en nivel difícil poden colarse 100 globos en 85 niveis mentres que en nivel fácil poden colarse 200 globos en 50 niveis.
Non tódolos mapas son igual de difíciles, polo que os mapas que xa che pon "Expert" ou similares dan recompensas monetarias moito maiores que os de principiantes ao superalos. Eses cartos non son os mesmo que os que tes cando xogas a partida no mapa: son cartos que podes gastar en basicamente tres cousas. A primeira son special agents, unidades que non teñen upgrades e que compraas con cartos conseguidos ao pasar niveis ou desafios; logo están bonus no xogo como que as túas granxas de bananas produzan doble, que os teus barcos disparen proxectís incendiarios....ou coa construción de edificios. Isto último está directamente relacionado coas unidades: cada edificio ten tres niveis e só podes ter activado un ao mesmo tempo . Como resultado de activar un edificio certa unidade terá vantaxes, que poden ser un desconto nas súas actualizacións , maior velocidade de ataque....

En resumo BTD5 é un xogo bastante viciante, cuns gráficos máis que razoábeis que é bastante novidoso dentro dos tower defense. Eu recoméndoo.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //