Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 5 de xuño de 2010

Ben, vou falar de Ryousei no Gemini, a secuela de Darker Than Black. Aquí podo afirmar que o de segundas partes nunca foron boas é certo, eu creo que aínda que ten o seu pase o nivel é moi baixo con respecto á segunda entrega e non ofrece demasiadas esperanzas de que vai remontar nunha terceira temporada. Estamos ante un produto cara un público máis amplio, tenta captar a lolicóns xD. Isto é un dos moitos exemplos que se poden atopar de que DTB perdeu os seus sinais de identidade, de serie oscura para un público máis ou menos concreto, e como soe pasar como consecuencia disto baixou a calidade.En grande parte eu penso que foi polo personaxe de Hei, dou detalles máis abaixo. Despois disto, vamos con argumento:
ARGUMENTO: atopámonos cronoloxicamente dous anos despois da anterior entrega. Móstrasenos a vida de Suou Pavlichenko , unha rapaza que vive en Rusia unha vida normal, ata que os militares asaltan a súa casa e ten que escapar. Así, Hei, que mata ao seu pai, decide levala con el cara a Tokio. A historia baséase na viaxe que realizan Hei, Suou e July cara Tokio. July é o mesmo personaxe de DTB, un doll do MI6, nesta entrega reconvertido a un personaxe principal.
Así visto pode soar máis ou menos ben, pero é que xa no capítulo dous ou tres, [SPOILER] perde os seus poderes. Isto é, perde a calidade de superheroe e queda só en heroe. Vale, que segue levando a cabo misións e entrena a Suou pero é que para min é un fallo argumental grave.
Outro punto importante da tempada é Izanami. É dicir Yin. De repente explícasenos que Hei quere matar a Yin a toda costa xa que esta se covertiu en Izanami, un arma anticontratistas, a ser exactos, a mellor arma anticontratistas(Isto ten a súa explicación xa que hai OVAs previas aos sucesos desta tempada)
Sinceramente a min non me gustou demasiado a temporada, vale que ten algún xiro argumental interesante(que pode ser deducido previamente) pero o que sobre todo lle noto é falta de ritmo, que en 12 capítulos o anime resulte tedioso por estiralo de máis non pode ser. Vale que os tes-catro últimos capítulos son frenéticos pero a min non me acabou de convencer. Iso sí, o final deixa a porta aberta a unha terceira que así a priori podería ter un argumento moi interesante.O de cargarse ao 80% do cast nos últimos 15 min non estivo ben.[FIN_SPOILER]

PERSONAXES
Hei: en internet é coñecido como Hobo Hei, algo así como vagabundo Hei(Hobo é unha palabra coñecida en inglés, véxase wikipedia para máis información). Isto é porque aquí preséntasenos a un  personaxe demacrado, sucio, co pelo longo recollido nunha cola e sen afeitar; ademáis é bebedor. Vamos, a antítese do da primeira temporada. Ademáis [SPOILER] perde os seus poderes co cal queda aínda pero. vale que segue levando misións pero para min perdeu moito co mo personaxe, a ver se na terceira (se a hai) ten unha mentalidade intermedia entre esta e a da primemira, porque hai que receñecer que ver a Hei en plan contratista sanguinario foi interesante.
Suou: para min un personaxe que sinceramente fíxose para esta temporada así porque si. Quero dicir, non é un personaxe carismático, non é un personaxe poderoso, simplemente se incluiu para captar a lolicóns. A ver, ten o poder de sacar u rifle da nada cunhas  balas bastante gordas. E?A min paréceme un poder bastante cutre, ademáis o pago do seu contrato é facer papiroflexia xaponesa. Vamos, certamente eu non lle vin o sentido porque nen sequera ten actitude de contratista[SPOILER] En resumo, morre á fin dun xeito bastante emotivo pero sen aportar nada.
July: volta do personaxe da primeira, aquí ascendido a principal. O ascenso sentoulle ben, vemos a un July con máis emocións. É un doll, non pode ter moitas, pero por o menos cadra bastante ben.Non hai demasiado que dicir.
Yin: non se nos mostra demasiado de Yin. Só un pouco no último capítulo e dun modo moi abstracto. Aquí está convertida en Izanami, un arma anticontratistas.
Kirihara. volvemos a contar coa tenente Kirihara, esta vez a cargo dunha división especial. Este personaxe evolucionou cara algo mellor, unha muller que entende mellor ás persoas..Ao final da temporada ainda millora máis e convértese nun gran personaxe.
Hazuki: un secundario bastante interesante. Trátase dunha muller que foi expulsada da súa casa polo seu avó porque a consideraba indigna. É unha contratista coa habilidade de producir espadas láser. Iso si mola, ten unhas habilidades de loita excepcionais. O seu pago é bicar apaixoadamente a alguén.
Shizume: outro secundario interesante, este é un contratista coa habilidaded de recubrir o seu corpo con calqueira material que toque formando unha especie de golem. Así, é bastante poderoso. Gústantelle as Lolis.


ANIMACIÓN e BSO
A BSO segue o nivel da primeira entrega con melodías con ritmo. Do mellor da serie
Vale, o que é a calidade de aniimación sen dúbida é boa, centrada nos pequenos detalles consegue unha ambientación impresionante de cada escenario e personaxe. O que pasa é que coma na primeira entrega(nesta actual aínda menos)non hai demasiadas e pelexas e non hai demasaido lugar para lucirse.
CONCLUSIÓN
Creo que esta entrega non segue na liña de DTB e baixa o listón bastante, para min foi unha decepción con respecto da primeira entrega. É necesaria para continuar a historia pero se hai terceira esperemos que sexa mellor.

NOTA: 5.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //