Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 6 de xuño de 2010
Aquí posteo tres capturas para que captedes un pouco o espírito da serie. En resumo, a mellor palabra que definiría a Arakawa é un WTF!? porque nunca sabes que vai pasar, non segue un argumento, é moi irregular e iso dalle moita frescura.
Este é un pedazo de WTF!?. Así, temos un personaxe que é unha monxa, chámana irmá, pero que en realidade é un home cunha cicatriz cunha pinta de mafioso incrible. E tal.
Cecáis non se aprecie ben pero aquí a maioría da xente coma na foto vai disfrazada de cousas estúpidas. Véxase particularmente o kappa ques está no medio. É verde e é moi gracioso, xa que cando o protagonista lle di ...Ti levas un disfraz, vexo a cremalleira.El contesta: Dubidas do rei do río!?Como te atreves!? xD
Non é nin moito menos toda a serie pero creo que chega para darse unha idea do nivel de machadas por minuto que se poden acadar.