Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 28 de marzo de 2013


Boas!Aquí o post  que continúa coa coleción de post sobre anime de tempos pasados. Nesta ocasión, os 90!
De 1990 non coñezo nada XD. Así que pasemos ao ano seguinte.
 Así, de 1991  coñezo o anime que saíu de Dragon Quest, chamado Dragon Quest: Dai no Daiboken (Non o vin pero estou familiarizado coa saga de xogos da que provén XD).Aparte diso, do mesmo ano só coñezo Kinnikuman, máis coñecido como Muscleman ou home músculo, que como indica o seu título, vai dun loitador de loita libre . Está moi orientado á comedia e o manga homónimo foi un éxito bastante grande.
De 1992 coñezo Calimero, un anime moi mítico que botaron es España e que trataba dun polo negro que tiña un casco feito de cáscara de ovo na cabeza. De xénero kodomo, aínda podes atopar moitas referencias ao mesmo hoxe en día.
Ademáis, nese ano saíu o grandioso Crayo Shin-chan(Moito máis grande en galego, sen dúbida) , que versaba sobre as aventuras de Shinosuke Nohara e a súa familia, con altas doses de comedia. Ademáis, coñezo Hime-chan no Ribbon , que é dunha rapaza que ten un lazo que coloca no pelo e , ao ser máxico, permítelle transformarse en calquera e Sailor Moon, mítico anime de Magical Girls emitido no Xabarín club. Os últimos dous son shojo; se buscamos shonen neste ano saíu un shonen moi popular e que pra algúns rivaliza con Dragon Ball(Pra min non XD ): YuYu Hakusho, que era de pelexas de artes marciais entre espíritos .Creo recordar velo na Sexta.
Se falamos de 1993, continuou Sailor Moon e ademáis doutro shojo-kodomo de Hello Kitty(Que non teño intención de ver XD) saíron un par de cousas interesantes: Slam Dunk, mitiquísimo manga de baloncesto que tivo moito éxito con esta adaptación de anime e Nintama Rantaro, que , se non o retiraron, pódese ver no Xabarín Club e conta as aventuras de Rantao, un ninja pequeno(Sí, escribo ninja con j, chamádeme rebelde XD)
En 1994 saíu un novo anime de Capitán Tsubasa e seguiu Sailor Moon(Non sabía que durara tantísimo XD) pero se falamos de animes novos está DNA2(DNA cadrado) que vai de que unha rapaza do futuro ten a misión de evitar que certo adolescente se convirta no mega-playboy e teña demasiados fillos(O que provocaría un número de habitantes insostíbel XDD) e Marmalade Boy, shojo pastel de romance.
En 1995 seguía Sailor Moon(Non se aburrían? XD ) e m¡outras secuelas coma un novo anime de Gundam pero aparte había novidades, véxase Neon Genesis Evangelion(Na miña opinión, o anime máis sobrevalorado de toda a historia ) , se mechas que tivo moito éxito na época e aínda hoxe coas películas e Ninku, shonen que é unha adaptación dun manga da Weekly Shonen Jump de comedia e artes marciais.
En 1996 máis Gundam e Sailor Moon pero ademáis houbo novidades, algunhas delas moi interesantes. Pra comezar houbo un novo anime de Dragon Ball(Calculo que GT) , iniciouse o anime de Case Closed(Máis coñecido como Detective Conan), un dos mellores anime que levo visto , sobre todo se estás afeito a ver shonen sen sentido. O gran problema é que a día de hoxe aínda non acabou e remataba por aburrir XD.
Logo tamén naceu nese época o anime doutros dous mangas famosos: Kochikame, de comedia policíaca e Rurouni Kenshin , shonen ultracoñecido de samurais.
Ademáis dos anteriores hai algúns animes curiosos coma un de Lassie e outro sobe a personaxe de "El Zorro"(Mesma personaxe da película de Antonio Banderas, sí).
En 1997 comezou o anime de Pokémon(Creo que xa todos sabedes de que vai XD) , Oh my Goddess, anime que conta a historia dun rapaz que convive con deidades , o que da lugar a situacións cómicas de corte ecchi; Berserker, adaptación do manga do que xa falei no blog, seinen e violento; Dr. Slump , o outro gran éxito de Akira Toriyama(Quen non recorda a Arale?) e Eat-Man, que creo recordar que botaran brevemente na Sexta e que ía dun "fulano" que podía comer calquera cousa e podía producir o que comera do seu corpo, así que comía armas e tal XD,
En 1998 saíron como novidades Cowboy Bebop, un dos primeiros que abriu o xénero do Space Opera, ou viaxes espaciais con toques de western; Cardcaptor Sakura, shojo moi coñecido(Que nunca lin XD); Devil Lady, sobre unha muller que se podía convertir en medio demo; Serial Experiments Lain, seinen moi psicolóxico;Trigun, ambientado nun mundo futurista post-apocalíptico con xente que tiña poderes e loitaban uns contra os outros e o primeiro anime de Yu-Gi-Oh, no que os personaxes sogaban a un xogo de cartas(Logo houbo máis pero realmente este é o único que merece a pena).
En 1999 , pra finalizar o post, neste ano saíron Black Heaven, seinen rarísimo que pode ser contemplado se ves o mítico AMV de Code Monkey; Dual Pararlel Trouble e GTO, dos que xa falei aquí; Hunter x Hunter, anime que adapta un manga homónimo da shonen Jump cuxo manga aínda sigue a día de hoxe; Medabots, sobre minirobots que loitaban uns contra os outros; Magical DoReMi , shojo; One Piece(Que xa todos sabedes de que vai XD) e Digimon(Que é máis que coñecido de que vai)




Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //