Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 11 de agosto de 2011

poke manga Pictures, Images and Photos
Espera......hai un manga de Pokémon!? E hai sangue e violencia!?
O caso é que existen multitude de mangas sobre a franquicia de viodeoxogos de Pokémon, aquí comentarei un pouco o que se supón que contén a idea máis aproximada á do creador: Pokémon Adventures.
Así, este manga segue moito máis de cerca a storyline do videoxogo. Está dividido en múltiples sagas , cada unha correspondendo a un videoxogo e aparecen diferentes protagonistas en cada saga.
Pero.... por que deberías lelo?
Bueno, probábelmente viches algún capítulo do coñecido anime Pokémon , algo destinado cara a nenos (nen sequera acadaría os mínimos para poder considerarse shonen). Un anime cheo de idealismos, censurado en moitas ocasións e que resultou nun gran fracaso argumental pero nun gran éxito monetario.
Así, no anime , o protagonista é sempre o mesmo(aínda que varían os seus acompañantes nalgunhas sagas). A pesar diso, segue usando o seu Pikachu(aínda que captura Pokémon novos nos lugares aos que vai).
Ao meu entender, con tódalas temporadas que levan, ese Pikachu debería ser praticamente indestrutíbel e non perder moitos combates: é un pouco extraño que o protagonista non sexa capaz de gañar nin unha soa vez a liga Pokémon . Sen embargo,  é campión do Frente de Batalla , algo bastante inverosímil dado que nos videoxogos é infinitamente máis complicado que gañar a liga.
Ademáis, as batallas pokémon son moi adulteradas no anime, non hai sangue, ninguén morre(debilítase xDDD) e as decisións dalgúns entrenadores non son moi lóxicas: a ver, como vas poñer a loitar a un Pikachu contra un Onix? É que así normal que non gañe a liga Pokémon....xD
Pero no manga....todo mola máis!Así, de que vai?


Bueno, a historia da primeira saga é a de Red , Green e Blue, protagonistas dos primeiros xogos da saga. Así, Red é un rapaz da Aldea Paleta que consegue facerse cun dos pokémon iniciais dos profesor Oak para iniciar a súa aventura. Un detalle interesante disto é que antes deste punto xa ten un Poliwag , polo que xa ten algo de experiencia entrenando Pokémon.
O rival de Red, Green, tamén consegue un dos Pokémon iniciais(le o manga para sabelo ou miria en pokémon wikia xDDD)w ámbolos dous parten para conseguir ser campións da liga pokémon.
Durante a súa viaxe coñecen a Blue, unha rapaza que e dedica a roubar obxectos pero que acab sendo unha entrenadora pokémon.

Logo de moitos enfrontamentos cos malvados membros do Team Rocket e de conseguir as 7 medallas de Kanto, Red e Green conseguen entrar na liga Pokémon. O formato desta é máis "realista" con respeito aos videoxogos: Así, hai unha serie de eliminatorias e o gañador ten que gañar varios encontros para poder ser campión. Relacionado con isto está o feito de que si aparecen os membros do Alto Mando no manga, pero son os viláns principais do segundo arco do mesmo, o arco de Yellow, cuxo pokémon inicial, como se pode supor, é o Pikachu de Ash.
Hai un arco para cada videoxogo: vermello-azul-verde, amarelo, cristal, plata, ouro,zafiro, rubí, esmeralda vermello lume- verde folla, diamante,platino , alma plata, corazón ouro e  negro-branco.
Así, hai unha cantidade inmensa de capítulos, aínda que os capítulos son algo máis curtos do normal(14-16 páxs fronte ás 17-20 dun manga semanal normal) .


Respeito do apartado artístico debo dicir que ao comezo é malo. Realmente o deseño de personaxes non está nada currado e os Pokémon aparecen deformados nalgunhas ocasións , pero a medida que pasan os volumes remata por ofrecer un deseño decente, aínda que non podo dicir que o artwork é unha razón para ler este manga.A pesar disto, as batallas son relativamente realistas, os pokémon poden morrer no campo de batalla e os entrenadores poden sangrar ata non poder loitar máis, un punto a favor do manga dado que intenta ofrecer o maior realismo posíbel.


Creo que ler este manga é un bo exercicio para darse conta de cal é á idea que o autor de Pokémon realmente quixo transmitir, ademáis de que como manga de aventuras está bastante ben durante os dous primeiros arcos(Ata a fin do arco de Yellow polo menos, que foi o que lin de momento).Vale a pena.

Máis información en:
http://es.pokemon.wikia.com/wiki/Pok%C3%A9mon_Adventures

Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //