Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 4 de agosto de 2011


Ane Doki é un romance shonen da mesma autora que Ichigo 100%, a mangaka Mizuki Kawashita.
Da mencionada autora lin tres mangas co que aquí comento :  Ichigo 100%, Akane-can overdrive e Ane Doki. Sen dúbida o mellor é Ichigo 100% aínda que este Ane Doki non o fai mal.


Ane Doki ten un prantexamento romántico similar en certo modo a outros moitos mangas de tipo shonen: por diversas circunstancias un rapaz de 13 anos acaba vivindo só na súa casa polo que despois de darlle a proba dun xelado a unha rapaza de 17 esta decide quedar a vivir con el. Así, este é o inicio dunha serie de situacións disparatadas de tipo comedia ecchi e da formación dun triángulo amoroso entre o noso protagonista, a rapaza que lle gusta e a rapaza de 17 anos que agora vive con el.
É totalmente slice of life, pero non chega a cansar porque ten só 26 capítulos. Por isto, non pasan demasiadas cousas, a estrutura é bastante habitual: inicio, cando o rapaz de 14 e a rapaza de 17 se coñecen; desenvolvemento, cando empeza a aparecer certo compoñente romántico entre os dous e o desenlace. Falando disto último, ao lelo notarás similitudes evidentes con Ichigo 100%. De feito, en toda a obra notarás similitudes co dito manga, tanto no debuxo(iso é normal porque son da mesma autora xD) pero sobre todo no desenvolvemento da trama , na historia que se conta, nos feitos que ocorren e no final.


En conclusión, os seus 26 capítulos(máis especiais e un epílogo ) son suficientes para pasar algún tempo lendo manga. É un manga lixeiro e sinxelo, sen tramas complicadas sen duración excesiva coma outros do xénero polo que me parece unha obra a ter en conta para ler.

Nota: 6

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //