Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 28 de xullo de 2011



Amor de natación
Rhapsody in heaven é un manga de xénero shojo que é relativamente curto pero a pesar diso creo que é bastante interesante.

Conta a historia de certa rapaza que consegue entrar nun istituto de élite xunto cun amigo da infancia grazas a unha beca de natación. Así, decide ir a ver como é a piscina e ao non haber ninguén nela ponse a nadar. Sen embargo  un membro do consello estudantil sorpréndea e pídelle que saia . Un garda entra nese momento e o rapaz arrima á protagonista contra unha parede e bícaa . Así, a protagonista queda totalmente desconcertada por isto e non sabe que facer.
Ao día seguinte os dous vólvense atopar na escola pero o rapaz estase a bicar coa presidenta do consello estudantil e esta dille que o club de natación será suspendido.
Que é iso? Cales serán as intencións do rapaz? Conseguirá o clib de natación reabrirse? Le o manga para descubrilo!


Non é moi longo como dixen arriba polo que non se estira a historia pero por o menos pareceume bastante graciosa e non demasiado "empalagosa" dado que outro xénero do manga sería smut, isto é , non é hentai pero contén certas esceas con conteñido adulto que poden ferir sensibilidades.

Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //