Newest Post
Do responsábel da primeira parte e creador de xogos tan famosos como Killer 7 (Suda51), aquí falarei deste xogo que se pode xogar perfectamente sen ter xogado á primeira parte(eu fíxeno) aínda que supoño que sería recomendábel.
A nivel argumental é posíbel que de a impresión de ser un xogo "floxo" a pesar de que ten moitas cinemáticas(estas non son precisamente espectaculares tanto polo seu deseño que vai acorde aos gráficos do xogo como porque a wii non da para máis XD) e no manual do xogo hai un pequeno comic.
Así, atopámonos ante o regreso do heroe da primeira entrega, Travis Touchdown , un rei sen coroa, un "no more heroe"(antiheroe) que regresa a Santa Destroy e entra outra vez no ranking dos mellores asasinos.
Atópase con Sylvia, quen é a que organiza os encontros entre os diversos membros do ranking , unha muller moi sensual e provocativa que intenta que Travis chegue ao número 1 cos seus encantos, pero Travis non cede desta vez.
Sen embargo, cando o seu amigo Bishop é asasinado, Travis decide acudir a Sylvia para que lle axude a atopar aos responsábeis. O xefe da organización que ordeou o asasinato de Bishop resulta ser o número 1 da lista de asasinos polo que Travis decide entrar no negocio e cargarse a tódolos asasinos ata poder pelexar co número 1 para salvar a Bishop.
A pesar de que o anterior poida soar serio o xogo ten moito humor(para adultos) e moitas proposicións sexuais indecentes cara o protagonista.
Cada asasino e asasina ten unha personalidade característica , por exemplo, un ten unha especie de secta, outra é unha colexiala, outro é un astronauta,.....
A mecánica do xogo é sinxela, de feito, pódese acabar moi rápido se imos ao principal: non é necesario pagar para realizar os combates clasificatorios que nos permitirán ascender no ranking(para poder pelexar co asasino é necesario pelexar cos seus secuaces antes) polo que deste xeito despois de 16 asasin@s(se mal non recordo XD) rematas o xogo.
Non obstante, hai varias cousas que podes facer: ten varios minixogos en D 2D moi divertidos que che servirán para gañar cartos e comprar novas katanas láser, roupa ou comida para Jeannie, unha gata que temos que facer adelgazar mediante minixogos.
Ademáis tamén podes ir ao ximnasio para mellorar a túa forza de ataque e a túa resistencia ou ir ás misións chamadas Matanza Máxima onde deberás destruír a tódolos inimigos ou a un concreto antes de que se acabe o tempo.
Hai dous personaxes xogábeis máis aparte de Travis que son Henri, irmán de Travis e Shinobu, unha asasina á que Travis perdoou a vida e que agora o idolatra. Basicamente constrólanse igual ca Travis coa salvidade de que Shinobu oide saltar i é máis rápida e Henri ten un botón de "carga" para prantarse enfrente dun inimigo.
O xogo manéxase do seguinte modo: moves a Travis coa palanca do nunchaku, atacas coa espada co botón A do wiimote (se o pulsas varias veces fas un combo e pódese cargar a súa potencia)e das puñetazos e patadas co botón B do wiimote(pódense realilzar combos se o pulsas varias veces). Se axitas o wiimote realizas un ataque rápido(que non se pode encadear con ataques do mesmo tipo), un recurso que eu case non uso.
Tamén podes esquivar aos inimigos coas flechas do wiimote e grazas ao botón Z do nunchaku podes ter a "mira" fixada nun inimigo, o que se inventou en Zelda XD.
Cando un inimigo vai morrer aparece na pantalla unha flecha(caso de que o queiramos matar coa espada) ou dúas(caso de que queiramos facerlle un movemento de loita) polo que moveremos os mandos na direccións desexada para conseguilo.
Cando levas moito tempo "repartindo" e non che quitaron nada de vida, entras nun dos modos Darkside(é un indicador con forma de tigre que se carga cando matas a inimigos e non che quitan vida). Así, pódeste transformar nun tigre, moverte a supervelocidade,...durante un breve tempo.
Os gráficos dos xogo son estilo anime e se cadra cell-shading, con formas como de debuxo animado.Así, os inimigos ao morrer explotan para darlle expectacularidade á acción e incluso hai un minixogo anime.
A banda sonota é bastante boa pero non é unha das que vai recordar ;)
Realmente é un xogo que me gustou, moito , era o que buscaba. Non obstante, creo que podería ter tido algunhas melloras no eido gráfico e se cadra unha historia algo máis profunda, pero sen dúbida un produto de notábel alto ou sobbresaínte.
Imaxe de Meristation.com
- Back to Home »
- no more heroes 2 , videoxogos »
- Game Review : No More Heroes 2