Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 26 de febreiro de 2013

http://www.scubb.com/images/products/DS%20mario%20&%20luigi%20partners%20in%20time_box.jpg
Boas! Hoxe falarei dun xogo da nintendo ds chamado Mario & Luigi Partners in time. Saíu en 2006 i é a primeira incursión das dúas que hai dos rpg de Mario na ds. Así, temos aos personaxes do universo de mario bros cunha xogabilidade rpg.

Aínda que pareza mentira, hai unha historia XD. Resulta que no reino Champiñón inventan unha máquina do tempo e a princesa Peach decide probala. Todo parece ir ben pero cando a máquina volve xa non está nela a princesa Peach , senón un ente malvado. Así, resulta que uns seres malvados chamado Shroobs secuestraron á princesa Peach e están a conquistar o reino Champiñón no pasado polo que Mario e Luigi deciden ir ao pasado grazas a unha especie de "portais" pra recolectar trozos de estrela que se supón que servirán pra arranxar a máquina do tempo, arranxar as anomalías temporais e vencer aos Shroobs.
Non estarán sós nesta tarefa: Contarán coa axuda de sí mesmos en versión bebé, polo que a party que o xogador manexa é de catro personaxes: mario, luigi, baby mario e baby luigi.
Tamén aparece Bowser(tanto de adulto como de bebé) e varios malvados xa coñecidos do universo de Mario pero neste xogo os malos principais son os Shroobs(aínda que tamén deberemos loitar con Bowser algunhas veces).

Respeito da xogabilidade,o xogo é un rpg no que os personaxes teñen o atributos míticos(ataque, defensa, velocidade e stache(sorte)) que aumentan ao subur de nivel e dásenos a opción de aumentar aleatoriamente x puntos por nivel dun atributo en concreto. Este sistema está deseñado pra que se temos moi pouca defensa, por exemplo, poidamos balanceala.
A maneira de xogar é sinxela: os personaxes teñen diferentes comandos pra atacar e a gan novidade deste título, algo que non vira en ningún outro rpg é o seu sistema de "counters". Isto é, cando un inimigo ataca, en lugar de esperar o golpe os golpes pódense esquivar pulsando o botón de saltar no momento adecuado ou golpeando cun martelo os proxectís que nos mandan no instante preciso, algo que fai que, se somos o suficientemente hábiles, poidamos pasarnos o xogo sen ter un rasguño(complicado porque non sabes como esquivar a cada inimigo ata despois de varios intentos).
Relacionado tamén co modo de xogo está a exploración: Mario , Luigi e os pequenos recorren diferentes "dungeons" e poden avanzar grazas a certas  habilidades que se desbloquen a medida que se avanza no xogo. Ao comezo só temos a habilidade de saltar, pero despois sebloqueamos outras como escupir auga, un martelo, convertirse en bola, subir un encima do outro, cavar....
Os combates non son aleatorios ao estilo doutros rpg, aquí ves os inimigos no mapa e polo tanto podes decidir se queres enfrontarte a eles ou non(altamente recomendado o de enfrontarse a eles dado que é importante ter moita experiencia coma en toda rpg que se prece).
Os personaxes poden equipar roupas pra mellorar os seus atributos e medallas ou badges, que teñen diferentes efectos como subir o ataque, curar cada turno, subir o índice de críticos,etc.
Ademáis dos ítems pra equipar tamén hai ítems pra usar en batalla. Este ítems poden ser ítems que aumentan algún atributo(vida, resucitar a un aliado caído, aumentar o ataque ou a defensa, curar un estado) ou os chamados bro ítems(ítems de irmáns) , obxectos que cando os usamos comezamos un combo de ataque no que conseguiremos maior ou menor cantidade de daño en función do hábiles que sexamos, dado que estes ataques consisten en pulsar os catro botóns da ds(en contar l ou r) cando se indica. Hai moitos tipos, dende unha cuncha á que lle dan patadas ata unha flor de lume xigante.
O nivel de dificultade non é demasiado elevado: se es algo hábil ao esquivar ataques e non te saltas ningún inimigo chegas aos xefes cun nivel de experiencia máis que aceptábel. Ademáis, se usas bro ítems o teu potencial de ataque sube moito polo que en poucos turnos soes cargarte a calquera inimigo(cos xefes finais tardas máis , especialmente co último, pero mátanse).

En resumo, é un xogo bastante interesante polo concepto extraño de rpg que ten ao mesturar certos toques de plataformas e a capacidade de interactuar cos teus personaxes cando os teus inimigos atacan , algo que da como resultado combates moito máis dinámicos onde se non esquivas os ataques dos inimigos por moita defensa que teñas perdes moi pronto. A duración é máis ou menos aceptábel, a min duroume 18 horas pero tomeino con bastante calma porque non me saltei ningún inimigo e tentei conseguir tódolos ítems . Xogo notábel.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //