Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 27 de outubro de 2010

Non sei se o coñecedes, pero desde fai algún tempo estase a falar en foros e na internet en xeral dun sitio web chamado openamanga. E que iso ? Pois ben, openmanga é unha web que aínda non está en funcionamento pero na súa web pódese atopar a premisa que teñen pensado seguir.Cito aquí o texto orixinal:



Definition:

OpenManga is a Online Manga, Digital Publishing and Social Platform where comic artists can release directly to fans, receive revenue for their content, and become part of a global art and comics community.

Mission:

Our goal is to create a platform that allows manga authors and artists to publish and earn money from their work, while still reaching a multi-lingual global audience. A platform that promotes and allows artists (and eventually interested publishers) to work directly with translators and scanlators to publish their work while still remaining in control of their creations. A platform that supports an artist’s need for an income, with the possibility of free availability to the fan.
 



Así, o seu obxectivo é poder crear unha plataforma onde os autores de manga poidan subir manga de xeito oficial e cobrar polos seus servizos(dedúcese que o usuario tamén tería que pagar, ben mediante cuotas ou ben mediante manga lido). Ademáis, tamén teñen en mente que os mangakas traballen directamente con traductores e xente similar, para poder ofrecer o manga a un público que non fale o xaponés(Eu con que o traduciran ao inglés xa me conformaba, xD).
Como idea está moi ben, hai que recoñecelo, é un modelo de negocio moi atractivo para o consumidor, xa que podería ter "releases" de manga moito máis rápido ademáis de no seu idioma. Habería que pagar, claro, pero é que eu entendoo. Sinceramente, se me cobrarán por un número da shonen jump o que cobran en Xapón é que vamos, nin o penso para comprala. En Xapón cobran uns dous euros por unha revista de manga que contén máis de 200 páxinas, mentres que aquí chegan a vender manga por unha cantidade 5 veces superior.
Ata se me ocorre que poderías rexistrarte no sitio de modo gratuíto, pagar unha cuota ao mes por ter dereito a ler certas revistas online. Eu estaría disposto a pagar algo se puideses seleccionar uns 15 mangas semanais de revistas varias e facer a túa "propia", por dicilo así.
A ver, actualmente eu leo máis de 40 mangas, pero é que hai que ter en conta que non todos teñen a mesma frecuencia de publicación( semanal, quincenal, mensual, bimensual,...) e ademáis que algunhas veces a calidade dos scans deixa bastante que desexar,pérdense páxinas, etc. O punto é que cunha cantidade duns 6-7 euros mensuais creo que estaría disposto a pagalos se puidese ler tódolos mangas de forma boa, ademaís de contribuir a que o mangaka cobre e non as abusivas editoriais, xa que o traballo de mangaka polo que teño entendido pinta moi ben pero é moito máis duro do que parece e os seus salarios son miserábeis.
Queda dito.


Fontes: openmanga.org

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //