Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 30 de marzo de 2012
Hoxe falaremos dun manga de xénero comedia romántica, aínda que para variar, sexa seinen en lugar de shonen. Ten dúas adaptacións ao anime(dúas tempadas, a primeira de 24 caps e a segunda de 12) que cubren a aproximadamente 2 anos das vidas dos protagonistas, mentres que o manga cubre 4 anos das vidas dos protagonistas. Ese dato é importante porque á fin e ao cabo este manga é máis slice of life que outra cousa, e moitos capítulos poderíanse ter obviado , aínda que supoño que axudan a manter un ton en certo modo realista e interesante , con moitas cousas ao mesmo tempo.
Conta a historia de Kaoru, un estudante universitario que vive en Tokio só no seu apartamento. Cando era neno abandoou o nome Hanabishi polo odio que sentía cara esa familia despois de certos sucesos coa súa nai e agora vive coma un mozo independente. Sen embargo, iso cambia cando un día, unha rapaza chamada Aoi Sakuraba chega ao seu apartamento e lle di que están prometidos desde pequenos e que ela está disposta a ser a súa esposa. Kaoru recorda a Aoi de cando eran pequenos pero esa información resulta moi chocante para el, aínda que despois de pensalo decide que non estaría de todo mal....ata que a persoa que está a cargo de Aoi, Miyabi, quen lle di a Kaoru que Aoi escapou da casa. Logo dunha breve conversa arréglase o tema con Kaoru, Aoi e Miyabi como compañeiros de "casa" , unha das mansións dos Sakuraba.
Logo, a historia evoluciona bastante de cara ao harem, onde cada rapaza que aparece remata namorándose de Kaoru. De feito, hai amplia variedade, de peitos grandes, de peitos pequenos, americanas, xaponenas, lolis, ....XD O caso é que todas no fondo están namoradas de Kaoru e peléxanse por el, aínda que como rematan vivindo na mesma casa(case todas) a tensión reláxase bastante.
É un manga cunha historia bastante tenra, moi parecida á de Romeo e Xulieta pero con elementos actualizados e moito menos dramática. É unha historia chea de momentos que un americano/inglés chamaría "cute" , con moitas, moitas bágoas por parte de tódol@s personaxes .
En resumo, non deberías deixar pasat este manga, unha obra que presenta un romance moi ben construído sobre a base da historia de Romeo e Xulieta mesturado coa vida cotiá de cada un dos protagonistas e historias de xuventude.Se che gustou Suzuka ou similares, xa estás a ler isto porque na miña opinión é incluso mellor!
Nota: 8.8
- Back to Home »
- comedia , ecchi , Manga , Nota entre 8 e 9 , romance , seinen »
- Recomendación: Ai Yori Aoshi