Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 23 de marzo de 2012


Xa falara da serie de Chuck en outros post , pero dado que fai pouco (relativamente XD) que rematou esta serie darei a miña opinión sobre o final e sobre a serie en xeral. Así, a entrada estará pragada de spoilers, lee se xa viches a serie enteira ou se queres saber o que pasa XD.


Como xa comentara anteriormente, Chuck conta a historia dun rapaz cunha base de datos da CIA na cabeza. Logo evoluciona i é capaz de facer artes marciais e outra serie de cousas que, realmente, son xeniais.
A última vez deixárao na tempada 2. Nesa tempada Chuck continúa co seu rol de Intersect axudado por Sarah e por Casey. Comeza a concretar o que sinte por Sarah e Sarah por el, pero nesta tempada aínda non pasa nada concreto.
Nesta tempada hai un vilán principal: unha organización chamada Fullcrum. Esta organización funciona de modo similar á CIA , só que para o mal, polo que queren facer atentados, cousa para a que necesitan ao intersect da cabeza de Chuck.
Casualmente, a ex-moza de Chuck, Jill, é membra de Fullcrum e despois dun breve romance con Chuck este remata por deteñela.
Outra cousa importante que pasa neste tempada é que Chuck perde o Intersect, pero remata descargando outra versión , a 2.0, que lle permite facer artes marciais.
Logo diso, Chuck toma a determinación de que quere ser un espía de verdade polo que comeza a entrear máis seriamente.
Nesta tempada o vilán é Daniel Shaw, por moito o mellor malo de toda a serie.Dito personaxe pertence a unha organización chamada O Anel , que se supón que está relacionada con Fullcrum. Así, Sarah namórase de Shaw , chegando ao punto de prantexarse saír con el pero logo descobre que Shaw estábaa usando para vengarse, dado que Sarah matara á muller de Shaw como proba para entrar na CIA.
Algo moi importante pasa nesta tempada: Chuck e Sarah fanse parella! Creo que ese momento foi un dos favoritos dos fans da serie, dado que a serie en certo modo enfocábase a conseguir a felicidade de Chuck dese xeito.
Pero as cousas, evidentemente, non quedan así, polo que Chuck e Sarah rematan separándose novamente cando a Chuck lle obrigan a elexir entre ser espía ou Sarah. E el, de inútil, elixe ser espía.
Así, pasan varios meses e Chuck vai na súa primeira misión oficial, na que non ten moito éxito. Descobre que sen Sarah non é nada e que quere casar con ela.
Así, despois de pensalo moito(en certo modo inflúe a morte do seu pai na tempada 2 ou 3 ,non recordo exactamente) quere formar unha familia con Sarah, cousa que intenta por tódolos medios.
Algo importante que ocorre neste tempada é que aparece a nai de Chuck, que coma o seu pai, é unha espía. Ao comezo da tempada parece que é das malas, pero logo se descobre que traballa de infiltrada nunha organización criminal rusa chamada Industrias Volkov. Debo dicir que esta tempada foi moi floxa no senso da acción e os malos, xa que o cabeza dos Volkov non parecía un vilán, isto é, a min parecíame un pobre infeliz a maioría das veces : en resumo no nme gustou como fixo o seu papel.De tódolos xeitos, ao final da tempada descóbrese que en realidade non era malo, só estaba controlado por unha fallida versión do Intersect.
Algo importante pasa neste tempada: Chuck e Sarah cásanse e Ellie e Awesome teñen unha bebita, á que chaman Clara. Todos se reconcilian ao final da tempada e bla bla bla ata que pasa algo bastante soprendente, recoñézoo: Morgan colle unhas gafas que lle enviaran a Chuck por correo e convírtese no Intersect do equipo, logo de que Chuck conseguise por fin quitar o Intersect da súa cabeza.
Así, a 5ª tempada comeza cun Morgan creído , ególatra e moi de peito "enchido" que rompe coa súa moza cun SMS e ponse a traballar para a compañía rival de espías. Ao final da tempada 4 e ao comzo da 5, descóbrese que certo personaxe chamado Decker manipulou a Chuck todo o tempo e consegue que o boten a el e ao seu equipo da CIA, polo que deciden montar a súa propia axencia de espionaxe.
Esta tempada foi moito mellor que a anterior e en certo modo volveu ás orixes da serie: grandes esceas de acción con toques de comedia. A tempada dalle un final feliz a moitos personaxes, coma Casey ou JeffSter . Pero sobre todo, o que máis deu que falar foi o final da serie entorno á relación Chuck-Sarah. Realmente hai un vilán, pero é que realmente me pareceu tan irrelevante que nin o menciono.
O caso é que nos últimos capítulos a trama toma un xiro radical cando Sarah se descarga o Intersect na cabeza para poder escapar con vida. Como se veu en tempadas anteriores, o uso prolongado do Intersect deteriora o cerebro, e na versión que Sarah se descargou , ao parecer os efectos son maiores. Así, logo de varias pelexas e de que Sarah use o Intersect centos de veces, perde a memoria pouco a pouco ata que xa non recorda a Chuck(e defeito traballa para o inimigo brevemente). Dramón XD . Así, no último capítulo Chuck decide descargarse o Intersect na cabeza para salvar á súa xefe da CIA(Beckman) e así tentar reconquistar a Sarah, que a pesar dos esforzos de Chuck non recorda nada.
Deste xeito, a serie remata con Chuck e Sarah sentados na praia. No último capítulo danse varias pistas de que Sarah non esqueceu de todo a Chuck , cousa que en certo modo se confirma cando Sarah lle pide a Chuck que lle conta a súa historia. Logo de que lla conte, Sarah e Chuck bícanse para ver se así lle volverá a memoria ....e así acaba a serie. Un final digno de moitas MAN TEARS que realmente non me acabou de convencer porque non se sabe se rematan xuntos ou non, pero teño que admitir que foi un final emocionante. Extrañarei a Chuck e Sarah , aínda que esta última tempada tivo un final digno, que evitou tempadas e tempadas, a cada unha peor que anterior, que outras series teñen só por ter éxito.
Remato o post dicindo grazas aos actores , guionistas, equipo ténico....da serie por facela tan ben durante tanto tempo. Grazas !

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //