Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 9 de marzo de 2012
Bambino! conta a historia dun rapaz que traballa de cociñeiro ao mesmo tempo que estuda na universidade. A pesar de estar en Xapón traballa nun restaurante italiano i é un cociñeiro novo pero respeitado. Sempre anda a buscar novos retos e oportunidades polo que cando se lle presenta a oportunidade de traballar durante o verán en Tokio( concretamente no barrio de Ropongi, na tratoria Baccanale, un dos restaurantes italianos máis famosos da cidade) decide irse alá e tentar aprender o máis posíbel. Sen embargo, a vida de cociñeiro nun restaurante importante non é como el a imaxinaba e está chea de problemas, desafíos e sobre todo moito traballo.Aínda , así, despois dun tempo no restaurante decide deixar a universidade e quedar en Tokio para converterse nun gran cociñeiro.
É un manga seinen. Moitos pensarán que é raro ler algo seinen se é un cooking manga,de feito eu tamén o pensaba, pero despois de ler Bambino! entendín que non ten nada que ver unha cousa coa outra.
Este é un manga de cociña, pero tamén trata temas da vida en sí, coma a superación persoal, o esforzo, os problemas e outra serie de cousas que lle dan un carácter moi humano ao manga, en certo modo de slice-of -life.
Pero sobre todo, é un manga de cociña, e cociña aparece(e en cantidade abundante). Prepáranse centos de receitas , todas elas de xeito minucioso. Nótase que hai un traballo detrás para documentar toda esa parte, dado que o xeito de preparar as receitas é moi realista e , para alguén que coma min gorente da comida italiana en calquera momento, é unha delicia.
Outra cousa que se fai moi ben en Bambino! é mostrar a dinámica de traballo dun restaurante desnde un punto de vista realista: hai que traballar moito e os trazos fortes e con frecuentes sombreados para mostrar movemento e velocidade e todo momentos fan dar a sensación que é moi complicado traballar ahí.
En conclusión, unha obra absolutamente recomendábel que ten un final un tanto abrupto pero que continúa nunha segunda parte, así que non é para tanto. Un imprescindíbel do xénero seinen.
Nota: 8.5
- Back to Home »
- Bambino , Manga , Nota entre 8 e 9 , seinen »
- Recomendación: Bambino!