Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 16 de marzo de 2012


Hoxe falaremos de  KAGAMI NO KUNI NO HARISUGAWA, obra do autor de Mx0 e que se pubricou na mesma revista, a weekly shonen jump de Shueisha. Coma no caso de Mx0 , tivo un final repentino pero vese que o autor colleu algo de experiencia e desta vez o final non se sentiu tan abrupto.

Conta a historia dun rapaz chamado Harisugawa, quen está namorado secretamente de Satomi, unha amiga del quen non  ten sentimentos de amor cara Harisugawa.
Ao comezo da historia Satomi compra un espello nunha tenda de antigüidades e por un descuido rómpese na presenza de Harisugawa. Isto desemboca en que Harisugawa está atrapado no espello e Satomi queda fora do mesmo. Sen embargo, Harisugawa e Satomi poden intercambia papeis(Satomi pasa a estar dentro do espello e Harisugawa fóra) durante unha hora se Satomi e o propio Harisugawa tocan o espello ao mesmo tempo. Cómpre salientar que dende dentro do espello vense coma "ventás" , de xeito que se o espello se reflexa noutros espellos veranse moitas ventás, algo que serve para que a persoa que está dentro do espello poida saber o que ocorre fóra.
Harisugawa e Satomi van ver á ex-dona do espello e dilles que para romper a maldición, o que está dentro do espello deberá confesar o seu amor cara a súa amada unha sóa vez e que esta o acepte e faga o mesmo. Isto convírtese nun problema para Harisugawa, quen descobre que para saír do espello terá que deixar atrás a súa vergoña e confesarse dunha vez por todas a Satomi.
Ademáis, está o feito de que outra personaxe está namorada de Harisugawa, polo que todo se volve complicado XD.


É un manga curto, en 28 capítulos e un epílogo liquida a historia. Poderíase pensar que o final foi abrupto, pero a verdade é que non se sentiu así para nada e foi un conclusión máis que aceptábel para a historia.
Seguindo co argumento, este avanza a pasos axigantados e en 30 capítulos fai o mesmo que outros mangas e centos .
Polo anterior e polo seu excelente debuxo creo que deberías darlle unha oportunidade a este manga, non te defraudará! 


Nota: 6

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //