Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 13 de xaneiro de 2013


Boas! Recentemente regaláronme o primeiro tomo de Berserker, un manga seinen, así que hoxe comento que me pareceu.
Pra comezar, dicir que Berserker é a palabra que se usaba pra nomear a certos guerreiros vikingos que entraban en combate nunha especie de estado de "trance", no que non distinguían entre amigos e inimigos, eran inmunes á dor e basicamente mataban a distro e sinistro.Suponse que isto era así pola súa alimentación, que consistía en fungos alucinóxenos e un bebedizo de efectos similares.
Ademáis, o termo Berserker pode traducirse como "furioso", especialmente en xogos de rol(Final fantasy , por exemplo) , nos que cando un personaxe se atopa en estado de "Berserker" poden ocorrer diferentes cousas (depende do xogo): o personaxe ataca só cunha potencia de ataque moi superior á habitual pero falla moito, o personaxe aumenta o seu poder de ataque pero perde o uso de maxias.....

Pero volvamos ao tema do manga. É un manga orientado a un público seinen(adulto) , do xénero de fantasía. De que vai?

Berserker conta a historia de Gatsu, un guerreiro ao que ninguén coñece que ten o estigma do condeado no pescozo. Este estigma fai que Gatsu atraia aos demos por onde pasa, o que fai que desenrolase unha especie de aversión á compañía humana, non lle importa o que lle pase aos demáis con tal de que a el non lle pasa nada dado que só considera ás outras persoas como compañeiros temporais. Isto non o aplica a todo de tipo de criaturas, dado que neste primeiro tomo vemos como salva  a un ser con aspecto de fada(non teño moi claro se do xénero masculino ou feminino XD ) duns matóns que o teñen préso. En dito episodio mostra as súas habilidades como espadachín, dado que ten unha espada xigantesca coa que corta á xente á metade. Literalmente XD, o certo é que as esceas son moi gráficas, de xeito que se ven os corpos cortados con moito realismo pero sen pasarse, isto é, non hai sangue explosiva ou cousas así XD.
Ademáis, Gatsu ten unha especie de brazo robot de ferro, co que pode disparar flechas cunha ballesta que ten incrustada.
O obxectivo de Gatsu é o de derrotar aos "xefes" dos demos, de xeito que no primeiro tomo coñece a un dos baixos rangos a cargo dos demos e enfróntase a el nunha pelexa épica.


E ahí remata a sinopse, pra evitar spoilers. O tomo ten 3 capítulos e case 200 páxinas, polo que ten a mesma duración estándar , pero como é unha obra de intriga desenvólvese lentamente e fai que o tomo che dure máis, algo que se agradece :)

Respeito do debuxo , é moi bo , o autor é moi respeitado polo debuxo deste manga e despois de ler o primeiro tomo entendo a razón. Hai todo tipo de criaturas no manga:demos, fadas,humanos....todos están ben debuxados, cun estilo moi realista que intenta distinguirse do estilo típico de manga onde @s personaxes teñen rostros que non existen na vida real pra adoptar un estilo máis achegado ao cómic tradicional .

En conclusión, tomo altamente recomendábel que é o comezo dunha historia que, na miña opinión, comeza moi ben. 

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © 2025 OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //