Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 7 de xaneiro de 2013


Boas! Antes de nada dicir que o ritmo de publicación a partir dagora volverá ser semanal(ou esa é a miña intención polo menos XD ) .
Pero falemos do que nos ocupa hoxe , que é falar de Good Ending!, título de comedia romántica altamente popular nas páxinas de lectura de manga online e que sigo dende o capítulo 1( de feito lera o one shot cando saiu ),algo que ocorreu no ano 2009.Así, este manga rematou con 156 capítulos de publicación semanal este 2013, que se agruparon en 18 volumes. Así, de que vai?

A premisa do manga é moi sinxela: rapaz está tolamente namorado da estrela do club de tenis, unha rapaza chamada Shou, quen non parece prestarlle atención. Así, dito rapaz, chamado Seiji Utsumi está deseperado e non sabe xa o que facer. Nesa situación crúzase no seu camiño unha oportunidade que decided non desaproveitar: unha rapaza chamada Kurokawa Yuki ofrécese pra axudar a Seiji nas súas conquistas amorosas.
Se temos en conta o título do manga e a premisa inicial poderíamos saber cal é o final do manga sen dignarnos a ler sequera un capítulo. Algo mal feito, dado que, aínda que o final é moi previsíbel danse moitas voltas pra chegar a el.

É un manga romántico que tenta ser algo realista nos sentimentos d@s seus protagonistas, de xeito que non só se din cousas bonitas precisamente uns aos outros XD. Ten mostrar os pros e contras das relacións, o difícil que resulta romper con alguén,etc. Todo moi idealizado e esaxerado, pero aínda así é notábelmente diferente a outras series onde nunca hai ningún conflicto.

O seu debuxo é bo, pero dado que non depende do ecchi pra sustentarse, permítese o centrarse en debuxar @s personaxes de xeito máis ou menos realista, con proporcións lóxicas e con personalidades relativamente cribles(nada de señoritas que por "casualidades do destino" deciden tropezar e ensinar a súa roupa interior" ).

Recorda bastante a Kimi no Iru Machi, manga que seguen a publicarse(na miña opinión fai xa algún tempo que podería ter rematado, agora non ten unha direción fixa) no tema de drama e conflictos pero este Good Ending é máis realista e miña opinión mellor en xeral.

En resumo, manga moi recomendábel, con tramas sólidas, ben construídas e sobre todo realistas, que tenta contar unha historia que poida ser disfrutada por xente á que non lle apasione o xénero romántico.


Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //