Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 3 de xaneiro de 2013
Boas! Hoxe falaremos dun manga de xénero shonen-comedia-ecchi de apenas 20 capítulos. o seu título é un xogo de palabras , que qure dicir algo así como Youth Forget segundo a xente de mangafox XD. Comecemos!
Seishun Forget é un manga que conta unha historia moi parecida aá que se contaba na película 50 primeiras citas, aínda que con matices.
A historia comeza cando Taiyou, un rpaz de istituto que ten como principio da súa vida ser sincero, confésase a Hinata. A sorpresa de Taiyou é maiúscula cando ao día seguinte Hinata nen sequera o recorda: isto resulta ser porque Hinata ten un problema no seu crebro que non lle permite almacear recordos de máis dun tempo determinado. Así, Taiyou busca solucións cada vez máis imaxinativas pra que Hinata libere dopamina, algo que parece ser que fai que os seus recordos duren máis tempo.
A medida que avanza o manga Hinata soluciona ese problema pero surxen outros relacionados , como que se está emocionada durante demasiado tempo os seus recordos desaparecen.
En resumo, é un manga bastante recomendábel porque no né exactamente o mesmo de sempre en canto a comedia -shonen -ecchi. Ben.
Nota: 6.5
- Back to Home »
- comedia , Manga , Seishun forget , shonen »
- Recomendación: SEISHUN FOR-GET! Manga