Newest Post
WIN!Hai unha mellora exponencial na calidade desta segunda parte de "Crónicas del asesino de reyes" que fai que este libro sexa, na miña opinión, moito máis interesante que o anterior. Kvothe madura e con el tamén madura a historia , de xeito que é unha historia máis adulta. Non quero dicir que o libro sexa perfecto, pero mellora algunhas cousas que non me gustaron do anterior. Agora vou facer un pequeno resumo dos acontecementos máis importantes qeu acaecen no libro, ergo , conterá spoilers. Imos aló:
A historia retómase xusto onde rematou a primeira parte , con Kvothe contento por descubrir unha entrada secreta ao Arquivo. Así, Kvothe continúa cos seus problemas económicos, debido a quen tocar o laud non é algo que lle reporte un gran beneficio económico ao non contar cun mecenas. Así, segue a súa vida universitaria e as súas reunións con Dena esporadicamente , unha parella bastante atípica, dado que ningún da o paso e os seus encontros son moi espaciados no tempo pra non aburrir.
O caso é que Dena sofre un roubo a mans de Ambrose, o archinimigo de Kvothe, polo que este decide recuperalo. Así, coa axuda de Mola, Fela(Felá?) , Sim, Will e Devi(a quen Kvthe acusa de felonía, algo así como asasinato a distancia mediante simpatía, contra a súa persoa , que resulta ser cousa de Ambrose . Remata por protexerse cunha especie de xoia máxica fabricada por el) , quen axudarán a que Kvothe poida entrar na habitación de Ambrose, recuperar o anel de Dena e marchar outra vez. Neste punto da historia a personaxe de Devi, unha das miñas favoritas da historia moi por encima doutros máis "principais" como Fela, Mola, Sim ou Will , sófre unha evolución importante. Descóbrese que non é tan mala como parece , senón todo o contrario e que se sente moi decepcionada e anoxada con Kvothe por dubidar dela . É unha personaxe moi intelixente, supera a Kvothe no uso da simpatía(tal e como se demostra cando Kvthe usa simpatía pra que confese que lle estaba a realizar felonía e ela contrataca ao someter a Kvothe sen esforzo, algo que fai que Kvothe a recoñeza como a única persoa mestres apare, que coñece que é moito mellor en simpatía ca el )e ten un pico de ouro, dado que fai comentarios epicamente graciosos, moitos con connotacións sexuais, aínda que non todos.
O caso é que Kvothe prende lume á habitación de Ambrose e tenta buscar o anel de Dena. De paso rompe máis cousas, dado que tal e como do o propio Kvothe, sería desaproveitar a ocasión.
A pesar de non ter probas fehacentes de que Kvothe é culpábel, Ambrose acúsao e isto fai que Kovthe sexa levado a xuizo . Aplícaselle alei do ferro, unha lei que pode rematar coa expulsión da universidade como mpouco pero Kvothe, nunha das súas brilantes actuacións, atopa un resquicio legal non que se di a súa defensa en certo idioma será declarado inocente, cousa que consegue ao aprender as palabras necesarias en dito idioma nun só día. Deixa anodados aos membros do xurado e declñaran o inocente, aínda que polas repercusións do xuízo os seus compañeiros recoméndanlle que se tome un bimestre de vacacións de universidade, bimestre que Kovthe decide aproveitar pra que o conde Threpes o recomende a un acaudalado noble que se ofreceu pra ser o seu mecenas.
Despois dunha serie de peripecias, tales coma sobrevivir a un naufraxio Kovthe consegue chegar á cidade onde vive o noble, quen está terriblemente enfermo. Así, este noble, de nome Alveron, resulta que está ser envenenado aos poucos polo seu alquimista de confianza, polo que Kvothe, despois de moito negociar e mostrarlle probas, consegue convencelo e cúrao. Logo disto , Kvothe escribe unha serie de cartas de amor e outras mensaxes a lady Lackless, quen é a namorada do maer. Posteriormente comeza un arco argumental bastante interesante, onde Kvothe é enviado a unha expedición pra dar caza a uns bandidos como líder de equipo.
Así, o equipo está composto por Dedan, un fortachon irrespetuoso que sempre pon en dúbida a autoridade de Kvothe, unha muller bastante seria, un rasteador que ten moita experiencia nos bosques e un mercenario adem chamado Tempi. Posteriomente no libro Kvothe viv cos Adem así que xa explico máis adiante que é iso de Adem.
O caso é que o varriopinto grupo liderado por Kvothe tarda moito tempo en atopar aos bandidos. Cando o conseguen danse conta de que son moito máis de 4 polo deciden atacar cun ataque sorpresa: o caso é que o rastreador cárgase a varios co arco e kvothe, nun alarde de habilidades, fai un vínculo entre un cadáver de bandido e diferentes bandidos e mátaos a distancia. Ademáis, invoca o nome do raio.
Despois diso , no camiño de volta cara o a casa do maese Albert, o grupo atópase con Felurian, unha personaxe Fata que se di que é a muller máis fermosa do mund( Kvothe di que a súa beleza só é comparábel á de Denna), quen durante bastante tempo lle ensina as "artes amatorias" a Kvothe . Ademáis, mentresestá no reino dos Fata, onde vive Felurian, Kvothe recibe unha capa de sombras como regalo de despedidad de Felurian e descobre información importante: o xefe dos bandidos era "Cinza" , o Chandrian que matou aos seus pais.
Despois dalgún tempo, Kvothe abandona o reino Fata e reencóntrase cos seus compañeiros. Os seus camiño sepáranse, dado que Kvothe vai con Tempi e os outros van informar ao maese.
Tempi é un ádem, polo que o seu idioma redúcese a un número moi limitado de palabras. Así, pra facer diferentes significados usan moito a linguaxe corporal e silencios nas oracións.
Os ádem son famosos polo seu exquisito estilo d eloita polo que Kvothe pídelle a Tempi que o instruía, cousa que, despois de ter algo de confianza fai. Sen emgargo, tal decisión non foi todo o boa que debese dado que Tempi é obrigado a regresas a Ademre, a súa aldea, porque oss ádem non poden ensinarlle o Ketan, ou artes marciais , por chamarle así, á xente que non é da aldea .
Outro concepto impomrtante sobre os ádem é o do Lethani, que é algo así como a filosofía que seguen os ádem na súa vida. É un concepto moi complexo que nin o propio Kvothe entende de todo. Algún exemplo é que un ádem non ten que ser cobarde ou que non se pode usar un morto sen pedir permiso.
Volvamos ao fío da historia Kvothe, despois dun exame de Lethani por parte da xefa da aldea é aceptado na aldea e deciden ensinarlle Kean. A encargada disto será un novo mestra, quen pon a proba a Kvothe pra que desista pero á fin decide ensinarlle.
A aprendizaxe de kvothe é moi lenta, pero pouco a pouco aprende as bases do Ketan e chega a ser capaz de derrotar a unha rapaza pequena despois de varios intentos XD.(Conste que en Ademre as mulleres son máis poderosas que os homes )
A mestra de Kvothe, en certo momento da historia, observa como este ten problemas pra concentrarse, cousa que arranxan ao ter sexo. Resulta que iso non é nada extraño pra os ádem, quen extrañamente non entenden que os bebés nazan da unión dun home e dunha muller, polo que atopan a existencia dos homes inútiles.
Despois dunha serie de probas vothe remaa por recibir unha espada chamada "Cesura" e decide marchar de Ademre, non se antes practicar un pouco máis cunha bela rapaza as súas recentes habilidades amatorias, algo que parece ser que moi normal en Ademre(refírome ao de ter sexo con varias persoas, parece ser que non hai lazos ).
Despois desta aventura, Kvothe volve onda o maese e no camiño masacra (e digo masacra, dado que estrena a súa nova espada ao cortarlle a cabeza ou membros do corpo) a unha falsa troupe de Ruh que violaran a dúas mozas. Logo de matalos márcaos con ferros candentes.
Devolve a ditas rapazas á súas casas e volve por fin onda o maer, quen , despois de que lady Lackless descobra que Kvothe é un Edena Ruh , non está a favor de que este reciba unha recompensa. Aínda así, Kvothe recibe unha carta de pago que lle permitirá pagar as súas matrículas da universidade sexa a cantidade que sexa , a absolución de cargos polo asasinato dos falsos Edena Ruh e unha especie de carta de mecenazgo, aínda que non é un mecenazo directo.
O caso é que Kvothe volve á universidade e cóntalle a todos as súas peripecias, que a oidos da xente se converten en fazañas epicamente maiores do que en realidade foron, algo que Kvothe parece disfrutar
Logo realmente non pasa nada interesante e o libro remata dun xeito bastante abrupto, según Kvothe do futuro porque logo dos acontecementos relatados neste libro as cousas tórnanse escuras outra vez.
Non falei da relación con Dena pero está claro que a hai: de feito , cando kvothe está na cidade de maer, Dena resulta estar alí es está xuntos un tempo aínda que os dous rematan por discutir po culpa dunha canción . Posteriormente, cando se reencontran na Universidade, Kvothe intenta practicar con Dena as artes amatorias pero ela non se deixa(OU Kvothe non sabe ler os sinais, tal como explica el mesmo). Érase unha vez historia dun home que non podía ....XD
Realmente teño curiosidade por saber como resolverá o dos Chandrian e o dos Amyr, dado que en dous libros as mencións a eles son bastante escasas e non hai que esquecer que matalos é a motivación de Kvothe pra seguir vivo.
Outra cousa que mellorou neste libro foron os interludios: na maioría deles coñecemos informacion que amplia o contado no fío principal . Realmente teño curiosidade por saber que demo pasou pra que Kovhte xa non se defenda cando o atacan (neste libro insinúase que se fixo pasar por morto pra cobrar a recompensa e que provocou unha guerra na que está inmersos) . Ademáis descóbrese que Cronista estudou na Universidade, quen será este personaxe en realidade? Non o teño claro, o que sí teño claro é que otal Bast é un personaxe que , no final do libro, fai algo que non esperaba XD.
En resumo, libro que superou á primeira parte onde pasan máis e mellores cousas. Á espera da terceira parte.
- Back to Home »
- A wise man's fear , El temor de un hombre sabio , libros »
- Recomendación: El temor de un hombre sabio