Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 15 de decembro de 2009



CRÍTICA DE ANIME: "KAMPFER"

Agora que rematou a primeira temporada do anime Kampfer, vou expor a miña opinión sobre o que me pareceu. Nada máis coñecer a súa existencia viñéronme á cabeza nomes coma Ranma 1/2 e nomes de animes de school life, xa que é unha mestura diso, basicamente, anque tamén é certo que non só diso vive este anime e ten certos elementos dramáticos. Ao meu entender, estes elementos non son o centro do argumento, pero si serven para mellorar a trama. A historia xeral vai de que un rapaz chamado Natsuru descobre un día que se pode convertir en rapaza, unha Kampfer e que ten que loitar contra outras kampfers. Así, durante os primeiros episodios non se avanza apenas na trama e preséntanse os persoaxes que intervirán na historia posteriormente cunha notable abundancia de fanservice. Así, a medida que avanzan os episodios, a trama vai collendo algo de forma e deixa de lado(algo) ese fanservice para centrarse un pouco máis no que a historia das kampfer, que son, porqeu loitan, quen son os moderadores. Así, de modo bastante previsible ao meu entender, descóbrese que o amor incodicional de Natsutu,Kaede, está cos moderadores, o cal desde o me punto de vista me parece un recurso bastante previsible po parte do guionista. Así, a temporada remata sen ingún tupo de final bomba nin nada polo estilo, noto a ausenza dunha batalla épica entre as kampfer blancas e as outras, e quédanse nun simple fin que non pecha para nada a historia e que deixa as portas abertas para unha segunda temporada.
Respecto da animación, paréceme boa, con bos detalles, as secuencias de transformación están ben logradas.
A música non é especialmente espectacular para min e tampouco é un elemento no que se base a acción, é dicir, non hai cancións épicas.
Como resumo xeral, creo que é un anime que serve para pasar o tempo, pero que non é a mellor alternativa para ver nestas datas, poñeríalle unha nota dun notable baixo.Proximamente publicarei a miña opinión sobre as dúas outras series de anime que estou vendo esta temporada de outono-inverno, sora no otoshimono e seiken no blacksmith.


NOTA : 6.5


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //