Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 28 de decembro de 2009


De vez en cando, logo de tanto Harry Potter e tanto Dan Brown cómpre ler algo un pouco diferente, algo cun estilo diferente, innovador, irreverente e sobre todo fácil de ler. Desa literatura fácil e entretida ao mesmo tempo. Este libro é relativamente curto: unhas trescentas páxinas con letra grande, lese ben nunhas tres ou catro horas . Pero ao que vou. É un libro diferente que hai que ler.Por que? Por que a súa historia "mola" e ten humor. Da historia, podo dicir, para non destripar moito o argumento, que vai dun neno que ve como "Santa Klaus" é asasinado e pídelle a un anxo que o resucite. O neno ten moi mala sorte xa que é o anxo máis parvo do mundo quen le concede o desexo, resucitando non só a "Santa Klaus", senón tamén ao resto dos mortos da aldea. A historia non só se centra niso, hai outros personaxes ademáis do rapaz que conseguen enriquecer a historia. Podo citar a unha muller con doble personalidade, muller normal- estrela porno guerreira, a ex de "Santa Klaus", a camareira, o policía da cidade, o anxo estúpido, o home cun morcego e algúns máis. Paréceme bastante interesante o tema da doble personalidade, abordado aquí dun modo bastante superficial, sen profundizar, pero ao mesmo tempo suficiente para que nos interesemos polo personaxe. Para min é un tema moi interesante, defeito, un dos meus mangas favoritos vai sobre as múltiples personalidades, CHANGE 123, por se lle queredes botar un ollo.
Volvendo ao que aquí me ocupa, o libro conta o que pasa nesa cidade dun mdo curto, coa historia necesaria, sen recheosm aínda que cecais se botase en falta un pouco de máis de desenrolo. A literatura de Christopher Moore caracterízase por isto, por contar historias alonxadas da realidade, irreverentes e cun toque de humor ácido característico.
En definitiva, creo que é un bo libro, con momentos moi bós, aínda que podería ter sido mellor se fóse un opuco máis longo. Se queres escapar desa literatura comercial que tanto se leva na actualidade e ler algo un pouco diferente deberías ler este libro.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //