Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :domingo, 27 de decembro de 2009
A película non só se basa en ir de excursión por Pandora. Non. Tamén hai escenas de acción, e vaia escenas de acción. O armamento está moi ben feito, mesmo parece que as armas son de verdade, e as impresións quedan moi ben. Hai unhas cantas, dahí que non extrañe o elevado custo do filme. A cinta non é un simple documental do planeta Pandora co algún soldado por aquí e outro por alá. A cinta ten un argumento de ciencia ficción moi digno: ser humano en corpo de alieníxena aprende os costumes destes. Daría para unha moi boa novela en mans de Asimov. Aínda que , agora ben, a trama non é nin moito menos perfecta ecreo que o seu talón de Aquiles está sobretodo en que o final da película e outras mitas escenas son bastante predecibles.
Para rematar, creo que é un moi bo filme, o mellor que levo visto con respecto a efectos especiais e ambientación, aínda que no argumento floxea un pouco nalgúns puntos. Creo que é unha moi boa película e daríalle un 9 de 10.
Boa crítica guerreiro.
ResponderEliminarA min gustoume moito. En canto a efectos especiais e a ambientación do planeta Pandora lucíronse con creces.
Por outra banda a mensaxe do filme. O ser humano é unha maquina programada para a destrución. Acabamos co noso e imos polo dos demais. É así aínda que non o queiramos recoñecer... Debiamos tomar exemplo de Jake Sully, o prota; nunca é tarde para cambiar e comezar a coidar da nosa Nai Terra.
Si, argumento predecible, pero para Jack xa temos ao de Titanic xD máis bágoas non!! je
E con isto retírome!!!
Que Eywa vos ampare!!!
SuS