Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 24 de decembro de 2009



Aquí van uns xogos que eu espero para nintendo ds. Eu penso que nintendo ds é unha consola portátil cuxa potencia é moito menor que a súa gran competidora , a psp, pero eu non creo que iso sexa malo, senón ao contrario, xa que teñen que crear propostas alternativas para o desenrolo da consola. Ahi vai.


LAST WINDOW: é a secuela de HOTEL DUSK. Só con iso xa o xogaría. Pero para o que non coñeza HOTEL DUSK, a filosofía do xogo é a de que eres Kyle Hide, un detective nos anos 70 en estados unidos, que tes que ir descubrindo pouco a pouco a historia, tal coma se se tratase dunha novela negra.


AGAIN: da mesma compañía, CING, é que estes de CING xogo que fan xogo que me encanta, oxalá tódalas compañías fosen así. Neste caso metémonos na pel dun investigador do FBI, quen ten que resolver un misterio relacionado co ollo da pr
ovidencia coa axuda da súa habilidade de "visión pasada", que lle permite ver o
que pasou tempo atrás nese lugar.

PROFESOR LAYTON E A ÚLTIMA
VIAXE NO TEMPO: seguirá esa filosofía dos anteriores Layton, tendo unha boa historia, Luke e Layton transportados ao futuro e atopándose cos seus eus futuros, reolvendo puzles lóxicos para avanzar na historia.
Miles Edgeworth Perfect Prosecutor: continuación da saga Phoenix Wright, neste caso temos o control do fiscal, cuxa misión será a de demostrar a culpabilidade dos sospeitosos.

Ao parecer primará máis a investigación.
Para min as aventuras gráficas son o mellor de ds, de feito xogos como hotel dusk , another code, time hollow, os profesor layton ou os phoenix wright son os meus favoritos da consola. A pantalla tactil é un elemento moi bo que che permite interactuar de modo moi directo coa acción facendo a experiencia de xogo moito mellor

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //