Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 24 de decembro de 2009
Ben, vou falar do anime to love ru. A historia vai sobre Rito, un estudante de secundaria xaponés que vive coa súa irmá Mikan. Un día, Lala, unha princesa dun planeta chamado Deviluke aparece e Rito por accidente tócalle os peitos, o que significa no planeta de Lala unha proposición de matrimonio. Así, Rito convértese no prometido de Lala, que é filla do Rei Deviluke, o soberano dese planetea, destrutor de mundos, que ten un poder suficiente como para destruir a terra. Así, a historia transcorre en 26 capítulos con bastante humor e nos que apenas hai unha línea argumental clara a seguir.Cando Rito se converte no prometido de Lala, o rei Deviluke vai investigar. Así, dille a Rito que só se casara coa súa filla se é o home máis forte do universo.Se non o consegue, destruirá a terra. Así, convértese nn tema recurrente o de convertirse no home máis forte do universo.
Ao comezo, Rito pensa que Lala é un problema pero a medida que avanzan os capítulos convértese en amor o que sinte por ela. Deste modo, na serie desenrólase un triángulo amoroso entre Haruna, o amor previo de Rito, Lala, e Rito, aínda que sen que Rito tome partido por ningunha nunca. Outro personaxe importante é Mikan, a irmá de Rito, que se ocupa da casa. É máis nova ca el.
Logo atopamos un longo abano de personaxes secundarios: Yami, escuridade dorada, unha asasina que ven á terra para matar a Rito, pero que á fin non o fai nunca, o director da escola caracterizado coma un pervertido, a enfermeira extraterrestre sexy, os amigos e amigas da clase de Rito sendo estes Tenjouin, a moza cuxa familia é rica, Haruna, o amor platónico de Rito,Run, que é un alieníxena que ten forma de home e de muller, Kotegawa, a sarxento da clase, Saruyama, o mellor amigo de Rito, Momioka e Sawada, as amigas de Haruna e algúns máis. Logo tamén está Zastín e os seus homes, que son o corpo de seguridade persoal de Lala.
Lala é unha princesa inventora aínda que os seus inventos nunca funcionan. Así, para vestirse usa a peque , unha especie de robot que a viste. Algúns personaxes coma as irmás pequenas de Lala só saen no manga.
Respecto da animación é boa, aínda que tampouco necesita demasiado.
O apartado sonoro é bo, particularmente bós me parecen os openings e endings.
O anime remata con Rito superando unha proba para mirar se é o home máis forte do universo. Así, atópanse no altar para casarse, pero Lala interrumpe a ceremonia e usa un invento para borrar a memoria de todos aínda que non funciona e as cousas quedan como están.
A trama non rematou logo daquí, xa que levan catro OVAs sacadas e planean sacar dúas máis.
Eu recomendaría ver To love Ru, e ler os capítulos do manga non adaptados ao anime, aínda que as diferenzas entre manga e anime non son moi notorias.
Nota: 6.75

- Back to Home »
- Anime , ecchi , gender bender , Nota entre 6 e 7 , To love ru »
- CRiTiCa AniMe: To love ru