Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 24 de decembro de 2009


E chegou a hora de Rosario+vampire. Este é un anime que me gustou bastante( as dúas temporadas) aínda que o manga é INFINATAMENTE mellor, a diferenza é abismal. Para min o manga é unha obra mestra e o anime quédase nun "podería ser". A historia comeza cando Aono Tsukune , un estudante que non saca a nota necesaria para entrar no instituto que quere, polo que acaba indo a un instituto de monstros. Ao comezo non o sabe pero dase conta cando chega. Alí coñece a Moka-San, que durante a primeira temporada é a única ata case o final da mesma que coñece que tsukune é humano. Así, Moka é unha vampira o que pasa é que ten un rosario que sela o su poder e que Tsukune é o único que o pode sacar no momento necesario. Ademáis de Moka, Tsukune coñece a outras rapazas que forman parte do elenco principal coma Kurumu, unha súcubo, Yukari, unha bruxa superdotada, Mizore, unha muller das neves, kokoa, a irmá de Moka e Ruby, unha bruxa. Logo tamén hai personaxs masculinos secundarios coma Ginei Morioka, un home lobo, ou diversos cargos da escola, profesores, profesoras, o director...
A trama da primeira temporada comeza no momento no que tsukune chega ao instituto de monstros. El ten medo dos monstros pero paradóxicamente os monstros teñen medo dos humanos. A medida que avanza a temporada vai coñecendo ao resto das súas compañeiras. A serie ten moito fanservice ata que faltan uns rtes ou catro capítulos ata o final da temporada. Ahí comeza para min o mellor da primeira temprada, cando tsukune é dteñido polo comité disciplinario. Conseguen salvalo pero morre no proceso e resucita con sangue de vampiro( no anime este feito non é relevante pero no manga é un feito moi importante).
Na segunda temporada, logo das vacacións de verán, Tsukune vole ao insituto e aprece kokoa , a irmá de moka que para os anos que ten é incriblemente forte. A temporada trasncorre dun modo tranquilo, con bastante fanservice. É salientábel o capítulo( ao mellor eran dous, non estou seguro) no que tsukune regresa ao seu mundo de excursión e as situacións que ocorren alí cando a súa nai o ve con tantas rapazas ao mesmo tempo na habitación. Nesta temporada a barreira do mundo humano e o mundo máxic rompe e o único modo de restaurala é co rosaro de Moka, polo que ao usalo para restaurar o muro só queda a Moka vampiro. Tsukune está triste por iso polo que vai pedirlle ao pai de Moka un novo Candado. Conségueo e a temporada acaba sen un final pechado.
Algúns elementos recurrentes da serie son o capuchu( dahí o capu2), é dicir, cando Moka che supa unha pouca de sabgue a Tsukune, o carácter espía ed Mizore, a frase "pasaron moitas cousas" que sempre responde Ruby, a rivalidade entre Kurumu e Yukari.
Os personaxes son bastante carismáticos, pero bótase en falta unha maior profundidade nos mesmos, cousa que si hai no manga. A animación é boa, non hai un exceso de escenas de loita, máis ben hai poucas, pero cumple.
A música é boa, para min, do mellor, con melodías tanto lentas como rápidas e os openings son bastante bos.
Así, rosario + vapire é unha boa serie de anime, pero se tedes a oportunidade de ler o manga facédeo, porque para mni é unha obra mestra.

Nota : 5.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //