Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 24 de decembro de 2009


Vinme as tres temporadas de zero no tsukaima(que hai polo momento) e crin que era o momento de facer unha crítica sobre este anime. A historia comeza coa invocación de Louise La Zero do seu familiar cando está no segundo ano da academia de maxia. Así, Louise é unha negada para a maxia e invoca como familiar < un rapaz xaponés chamado Saito, cando os outros compañeiros imvocan criaturas máxicas. Así, Saito convértesse no familiar de Louise. Aio comezo, Louise trátao coma un animal pero logo, a medida que avanza a historia namórase del. A historia trata sobre os conflictos que teñen que resolver Lousie, Saito e os seus compañeiros . Aparecen varios ao longo da serie. na primeira temporada, o que se podería considerar conflicto principal é o comezo da guerra con Albion, na que participan Louise e Saito . Deste conflixcto cómpre salientar a apición por pimeira vez do zero, un avión coma os que utilizaban os xaponeses na segunda guerra mundial e que da a ver que saito non é o primeiro humano que pisa o mundo de Louise. Saito ten a oportunidade de irse nun momento da batalla no zero pero decide quedarse. Na segunda temporada, abórdase a mesma guerra e a finalización da mesma. Hai , por dicilo dalgún maneira, sagasintermedias, coma a 'morte' de Colbert- sensei. Nesta temporada coñécese á familia de Louise, e desenvólvese máis a relación Louse-Saito, aínda que non se chega a nada concreto. Na terceira temporada e última de momento podemos considerar como trama principal a aparición doutro usuario do vación, ao igual que Louise, que ten unha familiar humana. Chegados a este punto compre aclarar algo, Saito, como protagonista da historia, ten un gran poder, Gandalfr, a man dereia de Deus, que le permte usar calqueira arma. O familiar do novo usuario do vacío ten o cerebro de Deus, que lle permite controlar criaturas máxicas. A amiga de Louis e Saito Tabitha é raptada polo seu tío, o novo usuario do vacío, e reteñida no castelo. Pero á fin logran rescatala e a historia non remata, queda un final aberto. Nesta temporada aparece un personaxe novo(que xa aparecera no final da anterior temporada) Tiphania, un hada que salvou a Saito logo de que este morrera.
Louise non é a única que está namorada de Saito, e ten como rivales, ao acabar a terceira temporada, a Tabitha , Siesta(xD vaia nome) e á reina Henrietta.
Hai bastante fanserivce ao longo de toda a serie e os capítulos nos que se afonda na trama son máis ben poucos.
A serie eu definiría coma unha fusión entre Harry Potter e As crónicas de Narnia(sendo peor ca unha hipotética fusión real).
A animación é boa, creo que se esforzaron bastante tanto no diseño de persoaxes coma de escenarios, aínda que non é a mellor que vin. O apartado sonoro é bo, e os openings e endings son bastante decendes, cousa non moi habitual.
Respecto dos persoaxes hai uns cantos, Louise e Saito como principais, pero aparte está a familia de Louise ao completo, co seo pai, nai , nee-sama e onee-sama, logo compañeiros da escola de maxia coma Kirche, Guiche ou Montmorency, o director da escola, Colbert sensei, a reina Henrietta , Agnes e as súas cabaleiras, e algúns máis, coma o príncipe Wales e unha longa lista de malvados tales como Joseph, Shefield ou Cromwell.
Creo importante salientar o xeito de que a serie 'ensina' historia dalgún modo, xa que Halkeginia parécese á europa da idade media-moderna.
En resumo, é unha serie boa pero non brilante, para ver se non tes nada mellor que facer


Nota: 6.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //