Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 23 de decembro de 2009


Hoxe vin o último capítulo da que supoño será a primeira temporada de seiken no blacksmith, xa que non se adaptou toda a historia das novelas lixeiras. Ben, a trama comeza co encontro de Cecily Campbell, unha cabaleiro e Luke Ainsworth, un blacksmith ou ferreiro. A historia cóntase de modo que cada vez vanse desvelando máis detalles de Luke, é dicir, porque lle falta un ollo, quen é en realidade a súa compañeira lisa, porque pode forxar katanas desde modo tan extraño,porque o seu carácter é como é.... Así algunhas destas incógnitas resólvense, aínda que non tódolos capítulos son importantes para a historia, é dicir, os capítulos nos que aprace Charlotte E Firobisher son máis ben unha especie de recheo, aínda que é importante o momento no que se coñece por primeira vez, o nome de Siegfried, o "malo". Así, a historia avanza de modo que descubrimos que Lisa Oakwood fixo un pacto co demo, de modo que decidiu crear á actual lisa para así salvar a Luke das mans do monstor máis forte, Valvanil. Luke está atormentado por iso porque pensa que foi el quen fixo o pacto sacrificando a Lisa, pero foi a propia Lisa quen o fixo, o que o sosega un pouco. Outro elemento importante na trama son as espadas demoníacas, xuntos coas katanas que fabrica Luke co ritual máxixo, as espadsa máis poderosas da serie. Hai de varios tipos(lume, vento, terra,...) e poden ser de dous tipos, que se poidan converter en humanas, é dicir, teñen a forma dunha muller humana, ou non. Así, Aria é o nome da espada demoníaca de vento que se fai amiga de Cecily e a axuda. Siegfried, no capítulo final desta primeira temporada, invoca a moitos monstros e comezan a invadir a cidade. Luke vai loitar contra el pero é gravemente ferido. Así, forxa unha katana máxica das súas coa axuda de Lisa e Cecily vence a Siegfried pero este consegue escapar. O final é aberto, ao meu entender, aberto de máis, xa que non se pecha ningún aspecto da trama, só se resolveu o misterio de Luke pero xa en capítulos anteriores, polo que este final non me convence xa que practicamente déixate á expera de máis, e non dun epílogo, senón duns cantas capítulos máis que conten o que falta da historia.
Se falamos do apartado artísitico, creo que ten unha boa animación, particularmente boas son as escenas nas que loitan espadas demoníacas, xa que o efecto é bastante bo.
Respecto do aspecto sonoro, é bo, pega ben coa acción e potencia a experiencia . Épica cando o necesita e tranquila cando ten que ser. Penso que é do mellor deste anime.
Os personaxes son bastante carismáticos , sobre todo os protagonistas, que son nos que máis se afonda. Que ninguén vaia pensar que a serie ten són 4 ou 5 personaxes, ten algúns máis o que pasa é que está nun segundo plano.
Esta serie ten algunhas escenas de fanservice pero cara o final de temporada disminuiron notablemente, o que lle fixo un gran ben á trama. Así, é moi típico o comentario de qie Cecily ten uns peitos moi grandes en comparación coas súas compañeiras de cartel.
Resumindo , este foi un anime que comezou cun ritmo máis ou menos frenético no prmieiro capítulo ,logo decaeu un pouco co recheo pero a recta final afrontouna con dignidade. Así, eu recomendaría botarlle un ollo.

NOTA: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //