Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 6 de abril de 2010

 Ben, acabada xa a temporada anterior, neste segundo terzo do ano chégannos bastantes animes novos, aínda que só hai algúns que creo que merece a pena ver. Son:
Ichiban Ushiro No Daimaou


Vai dun rapaz  cuxo destino é ao parecer convertirse no Rei demo.Ten certos toques de Harry Potter e un conteñido ecchy bastante abundante. Poida que non sexa o bombazo da temporada, cae en tópicos pero vereina.
Angel Beats!

O primeiro episodio moloume bastante, esa trama dun grupo de rebeldes que quere cargarse a un anxo ten un grande potencial. Unha das personaxes principais provócache un dejavu do seu parecido con Haruhi Suzumiya.
Ten un tono algo máis serio, non hai ecchi, creo que será unha das mellores da temporada
Senkou no Night Raid

Vale, a trama así de comezo chama, axencia de espías secretos tomando misións superperigosas e con superpoderes(ou superhabilidades, chámalle como queiras). Parece que terá boas doses de acción. Vereina.
Arakawa under the bridge





Tenme pinta de boa serie. O argumento é o de un rapaz que non lle gusta deber favores a ninguén, non lle debe nada a ninguén. Pero un día é salvado por unha rapaza que vive debaixo dunha ponte e el vaise vivr con ela.Argumento potente, diferente. Vereina.
Despois hai algunhas que cecáis vexa algún capítulo, pero non é o meu tipo de anime favorito.Véxase Kaichou wa Maid-sama.Argumento bastante chorra(aínda que non tanto coma Chu-bra xD). A presidenta do consello estudiantil é moi cruel cos baróns do seu instituto e secretamente traballa nun maid cafe.É unha historia shojo , de romance, o manga non está mal , pero é que a min non me convencen os animes así.


O ecchi , case soft hentai por momentos desta temporada é kissxsiss. Vai de un rapaz que ten dúas irmás moi agarimosas con el.


Logo hai algunha que cecáis teña calidade coma Raibow(o estudio de producción fixo Death Note, que xa é moito dicir) que vai dun reformatoriode menores xaponés nos 50 ou Saraiya Goyou, por iso de que vai de Samurais, pero só seguirei as que Arakawa, Angel Beats e Senkou no night raid.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //