Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 31 de maio de 2010



Axioma primeiro: non tódalas historias de vampiros son crepúsculo.
Axioma segundo: non tódalas historias de amor entre vampiros e humanos son crepúsculo ou derivados.
Axioa terceiro: non tódolos mangas shojo de vampiros son vampire Knight.
Ben, deixando isto claro, creo que podo comenzar esta review.Karin gustoume bastante, é unha historia de vampiros pero en forma dunha comedia romántica shojo, con toques sobrenaturais. Hai manga e anime, e a partir dun momento concreto da historia o argumento diverxe totalmente.Así, vamos comezar.

ARGUMENTO: podería pensarse que sendo un shojo deste estilo non ten un argumento moi profundo. Vale, isto por unha parte ´certo xa que a historia maiormente céntrase na relación usui-karin, pero non se pode dicir que só se centre ahí. A historia vai dunha rapaza aparentemente normal chamada karin. Digo aparentemente porque en realidade é un vampiro, aínda que non un vampiro normal, en lugar de chupar sangue expúlsaa e pode camiñar á luz do sol. Sen dúbida o de expulsar sangue polo nariz´é un cambio con respecto á tradición neste tema, é dicir, é moi común que en tódolos animes ou manga cando un personaxe masculnio pesencie a unha muller en roupa interior ou o imaxine lle sangue o nariz a borbotóns.Isto pode considerarse o único momento da serie onde sae sangue, non estamos a falar dunha serie onde o sangue e a violencia abunden.A historia desenvólvese de xeito que Karin e Usui pouco a pouco vanse namorando. Esta chea de school-life e Slice-of-life, conta a vida diaria de Karin na escola, xa que a súa familia non pode saír de día.Hai un momento na historia, o despertar da avoa de Karin, que estaba selada , na que a historia do manga radica da do anime. No Manga(SPOILERS) continúase a historia xeral e pofín decúbrese quen é realmente Maka e cal é o motivo do seu incremento de sangue. Usui e Karin teñen unha relación de mozos formal e saen xuntos. O final do manga a min pareceume bo, despois de 58 capítulos de historia principal e historias paralelas, do estilo da infancia de Carrera, a nai de Karin, ou o pasado da avoa de Karin, Elda, a karin bórranlle a memoria. Si, pode parecer algo coma, "tanta historia para que á fin non recorde nada". Si e non. Vale que ese recurso foi algo repentino, pero o que si é certo é que coma á fin Karin xa non ten  incremento de sangue é practicamente unha numana, así que a súa familia decide que non pode seguir con eles e que a coidarán desde a sombra. Á fin pode ter un fillo con Usui-kun, e no futuro móstrasenos a unha familia feliz , coa filla de Maka indo á escola. Certamente isto pareceume moi acelerado para ser o epílogo. Gustaríame ter visto algo da familia de Karin no futuro e un pouco como era a vida dos/as personaxes nese momento(hai un pequeno atisbo no extra 8 do manga), aínda que por o menos rematou cun final feliz pechando tódalas preguntas que se prantearán ao longo da serie , algo que moitas outras non fan deixando un final aberto. Hai outras historia dunha importancia relativa que só ocorren no manga, a máis importante cecáis que coñecemos ao pai de Usui Kenta e sabemos un opuco a historia do seu nacemento e porque está onde está agora. O manga sen dúbida resolve tódalas cuestións pranteads, mentres que o anime deixa un monton de preguntas sen responder.Este manga pódese ler íntengro e en español en animextermist
No Anime(SPOILERS) hai un par de personaxes extra, que son Winner e Victor Sinclair, neto e avó respectivamente. Son os últimos descendentes de Alfred Sinclair, o mozo que tiña Elda cando era nova. Victor Son cazavampiros e Victor ten un odio indescriptible cara a familia Marker polo que lle fixeron ao seu tataravó Alfred. Alfred apuñalou a Elda despois de que esta o mordera, polo que Elda escapou pero o que non sabía e que dalí a uns segundos o efecto pasou e Alfred volveu a ser o de sempre. Certamente o anime mete moitas escenas de acción de cara ao final. A trama alterna máis importante é a de como convertir en vampiro completo a Maaka. Toda a súa familia lévaa ao lago onde mordeu por primeira vez a alguén, e celebran o ritual. Así , todos "morren" e queda Karin soa ante o cazador Victor. Así, convértese nun monstro con ás de vampiro xigantes de cor vermella e ataca a Víctor. Pero morde a Usui-kun e cálmase. Á fin todos resucitan e a historia ten un final feliz. Creo que houbese sido moito máis dramático se todos morreran e só quedase maaka con Usui-kun, sobre todo para ter a versión feliz do manga e a versión triste do anime. Pero bueno, no lle hai que facer, final moi inconcluso o do anime, que te obriga a ler o manga se queres saber como remata a historia.
PERSONAXES:
Karin Maaka: a protagonista indicutible da historia e que da título á serie. É unha vampiresa un pouco especial xa que en vez de succionar sangue expúlsaa polo nariz e pode camiñar á luz do sol. Ademáis, sinte o sabor das comidas , cousa que os vampiros normais non fan. Aínda así ten que morder xente, pero non sabe borrar a memoria. O seu sangue favorito é dos persoas infelices.É un personaxe bastante interesante aínda que estereotipado, recáese moito do concepto de personaxe feminino débil incapaz de defenderse por si mesmo.
Usui Kenta: protagonista masculino da historia. É un alumno que chega a clase o primeiro día do último ano de instituto de Maka e axiña comeza a investigar porque lle resulta sospeitoso  que cada vez que o vexa escape. Isto é porque cada vez que Usui Kenta está cerca de Maka o seu sangue increméntase, o que propicia que a descubra e sexa un coñecedor do seu secreto. Personaxe estreotipo de heroe masculino con tons grises de inmperfección e que me gusta bastante porque se afonda no seu pasado e se lle da unha razón a como é.
Anju Maaka: sen dúbida a miña personaxe favorita.É a imouto-san de Karin, a quen chama Onee-sama con motivo do cariño que lle ten, que se ve reflexado a pesar da fría personalidade da personaxe. É un personaxe ao meu entender interesante porque estamos ante unha vampiresa que aínda non despertou como tal que ten un aire de misterio, melancolía e insensibilidade irrestisibles. Ao longo da serie desperta comovampiro.Gústalle o sangue das persoas celosas no anime e das persoas solitarias no manga.. Pode meter o a alma de persoas mortas en bonecos, así o seu favorito é B-kun.
Carrera Maaka: a nai da familia . É unha muller moi temperamental , todos lle teñen moto respeito. Magonea ao seu home como quere e ten constantes disputas coa súa sogra. O seu sangue favorito é o de persoas mentirosas, i é moi esixente con iso.
Henry Maaka: cabeza de familia, home da casa, aínnda que mangoneado pola súa muller e tratado coma un neno pola súa nai.A pesar disto é moi forte e arriscará a súa vida con tal de salvar a alguén da súa familia. Odia a violencia.
Ren Maaka: o onii-chan de Karin. É un vampiro moi mullereiro , que sae con unha muller cada noite. Non lle gusta estar na casa e sempre se mete con Karin, aínda que no fondo quérea.
Elda Maaka: o meu outro personaxe favorito. Ten a mesma apariencia que Karin só que co pelo máis longo. É tremendamente forte, considérase a vampiresa máis poderosa . A súa historia é contada a través de flashback, polo que coñecemos a esta personaxe un pouco mellor.Nótese un fallo argumental: como é posible que karin e Elda luzan iguais se se levan 200 anos. Sí, o da eterna xuventude, pero é que se mostra a Carrera por exemplo que ten a apariencia dunha muller máis maior . Fallo ao meu entender.
Isto foron os principais. Imos cos secundarios.
Winner Sinclair: último descendente vivo da familia Sinclair, un cazador de vampiros adolescente. Está namorado de Karin san aínda que non sabe que é un vampiro. Tokitou Maki está namorada del e el non a corresponde, aínda que despois comeza a facelo.Exclusivo Anime
Victor Sinclair: avó de Winner e cazador profesional, bótalle a culpa a Elda das desgrazas da súa familia.Exclusivo Anime
Pai de Kenta : este eprsonaxe exclusivo do manga é o pai biolóxico de Kenta, quen non sabe nada do seu fillo en 15 anos. Non é tan mala persoa como parece e agora ten unha nova familia.Fai as paces con Kenta.
Fumio Kenta: a nai de Kenta. Unha muller que ten constantes depresións xa que non durá nos traballos porque os seus xefes sométena a acoso sexual ao pouco de empezar en tódolos seus traballos. Así, tivo a Kenta con 16 anos e  marchou da casa da súa nai para vivir soa.
Hai outros personaxes exclusivos do manga bastante interesantes, coma unha rapaza que é filla dun humano e unha vampiresa, de tal eito que necesita morder alguén unha vez ao mes e pode camiñar á luz do sol, e a familia e parentes da rapaza.
ANIMACIÓN
Se falamos do anime, non nós podemos queixar, cumpre. Tampouco é que necesitemos excesivos esforzos xa que non hai demasiadas pelexas.  O ton cómico está ben mantido, coma cando ao sagrar Maaka non se ve o sangue e vense flres vermellas para simbolizar un gag cómico.
No manga o debuxo está ben feito, con detalle, cabe destacar que o parecido entre Elda e Karin é moito maior aquí. Os personaxes parecen máis maduros ao meu entender aquí.
BSO
Opening e ending resultón, sen demasiado atractivo. A música que acompaña a serie ten algún tema bastante bo, cando son momentos de tensión ou cando son momentos tristes, pero é bastante corrientiña, tampouco lle pidas máis.
 CONCLUSIÓN
Karin Chibi Vampire é unha historia ben contada, sen ser moi longa nin moi curta, con medios alternativos (anime e novelas) se eres fan e queres completar a historia orixinal. Unha comedia romántica co toque dos vampiros.


Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //