Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 26 de xuño de 2010



Aquí estamos ante un producto destinado sen dúbida a entreter e nada máis, sen ter como obxectivo converterse nunha obra mestra e iso nótase. O fanservice abunda e hai capítulos verdaeiramente incoherentes que só serven para entreter ao espectador ocasional e non ao espectador habitual crítico.A pesasr de todo isto, seguín a serie semanalmente, porque en certo modo recordábame bastante a Zero no Tsukaima, a verdade é que Ichiban ten os seus momentos de gloria nos que incluso supera a esta última.
ARGUMENTO:
A historia comeza cando un rapaz chamado Sai Akuto choca cunha rapaza chamada Junko Hattori,véndolles os "patsu"(en xaponés chámanlle así xD). Así, resulta que os dous dirínxense á academia de maxia para estudar, e este incidente logo queda no esquecemento e os dous comezan a facer boas migas. Chegan á academia e ao máis puro estilo do sombreiro seleccionador de Harry Potter(aka burda copia) un paxaro-robot di cal é a profesión futura de cada un. Deste xeito todo é normal ata que lle toca o turno a Sai , quen lle pronostican ser de profesión o Mahou, aka Rei Demo.Así, sen comelo nen bebelo, convírtese en alguén odiado na escola e cun poder descomunal que pouco a pouco aprenderá a controlar.O argumento de base non é malo, é raro que un anime se centre no antiheroe en lugar de no heroe, xa que as forzas do ben intentarán deter a Sai Akuto do seu destino. Ten doce caps, e a verdade é que en moitos deles a trama floxea, pero hai que recoñecer que ten uns catro últimos capítulos moi moi bos que parece que non son do mesmo anime pola calidade. O único malo que lle topo ao respecto é que o final é demasiado aberto e non dan respostas, se hai unha segunda temporada vale, pero senón non ten moito sentido. A trama da para moito, hai centos de misterios.
PERSONAXES:
-Sai Akuto: aka Mahou.É o típico tío bo da historia que sen comelo nen bebelo acaba sendo destinado a dominar o mundo e sumilo na destrucción. El non está dacordo e tenta usar os seus poderes na medida do posíbel para axudar á xente do seu arredor.Evoluciona dun  "chaíñas" a alguén tremendamente poderoso que pensa seriamente en dominar o mun para redimir á humanidade.
-Hattori Junko: unha rapaza bastante poderosa que provén dunha familia de ninjas. Está namorada de Sai aínda que non o quere admitir, o que supón un gran dilema épico para ela.Personaxe principal.
-Keiina: rapaza de pelo vermello que ten a habilidade de facerse invisible, o que da lugar a unha morea de situacións de caracter pervertido. Está namorada tamén de Sai e con Junko fan o triángulo amoroso principal da serie.
-Hiroshi Miwa: considérase a si mesmo coma o sirvente de Sai porque o salvou. É moi débil e está chorando sempre ata que atopa unha armadura cibernética que lle permite transformarse no heroe lexendario Brave, tendo así un poder que rivaliza co de Sai.
-Korone: unha androide que destinou o goberno para vixilar a Sai Akuto. Ao ser un androide todo o que di está cheo de lóxica e paradóxicamente isto ás veces crea incoherencias.
Basicamente estes son os personaxes principais. Hai moitos secundarios, na súa maioría compañeiros de clase de Sai ou xente do goberno.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é boa, moi boa por momentos, non pensei que chegasen a ese nivel, hai escenas de loita realmente memorábles cando loitan contra barcos voladores estilo FFIV .O personaxe de Petterhaussen, un dragon, está tremendamente ben feito i é unha delicia visual velo en acción.
Con respecto da BSO as melodías son bos, cumpren; o opening é moi rítmico ao ser un tema medio rockeiro e o ending recorda que o anime non é só de maxia e pelexas.
CONCLUSIÓN
É a "Zero no Tsukaima" da temporada con algunha diferenza argumental coma a inclusión aquí de elementos tecnolóxicos molóns coma un barco volador ou naves espaciais.Copia moitos elementos de outras serie xa existentes pero a trama alónxase u npouco do típico niquitate fenómeno que vólvese un heroe invencíbel.Teño que recoñecer que ao comezo víaa case por inercia pero os últimos capítulso deixáronme máis que satisfeito e déronlle unha mellora ao anime bestial.
Altamente recomendada se che gusta o ecchi, comedia, maxia, pelexas e bos decorados.

Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //