Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 8 de maio de 2011


Ben, lin este mini.manga(non é one shot pero ten só tres capítulos dunhas 30 páxinas cada un) porque era de Akira Toriyama e tal , así que ... bueno, que había que lelo, vamos, xD.

Conta a historia de certo alieníxena chamado Jiya que chega á Terra. A súa apariencia é moi parecida á do superheroe de marvel iron man , cunha apariencia metalizada achegándose máis a un robot que a un humano. 
Este alieníxena é un investigador galáctico que está na Terra cumprindo unha misión: ten que descubrir os plans dun vampiro malvado. Así, coñece a unha parella xusto cando chega á Terra e pídelle que o axuden. Descóbrese ahí que Jiya non é máis que un ser moi diminuto e que o seu corpo é unha armadura , polo que se mete dentro do home e adopta o control do seu corpo.....


Ben , iso da arriba é unha breve sinopse sen destapar demasiado do argumento , que me pareceu bastante interesante a pesar de ser unha historia curta. Outra xenialidade de Akira Toriyama.

Nota: 8.25

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //