Newest Post
A pesar de estar o mundo en perigo, el pide forza para salvar aos seus compañeiros....
Imos cunha obra do mestre Mashima, autor de cousas como Fairy Tail ou Rave. Non é unha historia orixinal senón que está baseada no ultra coñecido videoxogo do mesmo nome. Nese xogo trátase de cazar monstruos, moitas veces de tamaños xigantescos a través de enormes paraxes e con diferentes tipos de armas como espadas, hachas, arcos, lanzas,.....O argumento do manga baséase sobre isto, contando a historia de certo cazador chamado Shiki, quen ten a licencia de cazador prohibido e cuxo soño e atopar ao gran dragón Miogaruna e derrotalo para demostrar que o seu mentor, quen está morto moito antes de que comece a historia, tiña razón. Así, atópamonos ante unha estrutura típica de shonen na cal vánselle sumando diferentes compañeiros a Shiki ao longo da súa viaxe, cuxos rostros son facilmente recoñeibles en obras como Fairy Tail; o deseño de personaxes deste autor é bastante propio e repite deseños practicamente iguais en varias obras.
É un shonen de batallas entre cazadores e monstros, sen demasiada historia oculta e simplemente centrándose nunha viaxe bastante curta(o manga apenas son 4 volumes de capítulos bimensuais e o último dos volumes ten máis da metade de extras)na que van aparecendo diferentes monstros e a party de Shiki dedícase a derrotalos.
O debuxo é exquisito: os monstros están moi ben debuxados adaptándose ao estilo de Mashima pero conservando esa esencia salvaxe de Monster Hunter, algo que seguramente os fans da saga agradecerán.
Realmente non é unha obra prescindible en canto a historia pero pode ser interesante para os fans do videoxogo e ten un nivel de debuxo alto, como nos ten afeitos o mangaka.
En España o manga está publicado por Normal Editorial.
Nota: 6.5
- Back to Home »
- Manga , Monster Hunter Orage , Nota entre 6 e 7 , shonen »
- Recomendación : Monster Hunter Orage