Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 15 de setembro de 2012


Boas! Falemos de Angel Densetsu , manga de xénero shonen que se publicou nunha filial da jump mensualmente. Hai dúas OVAs que adaptan parte da historia.

Conta a historia dun rapaz chamado Seiichirou Kiitano, quen ten a mala sorte de ter unha cara e unha presenza que fan que pareza un demo. Isto fai que a xente se alonxe del cando o atopa pola rúa polo que Seiichirou apenas ten amigos.
A historia comeza cando Seiichirou chega a unha nova escola como estudante transferido . A xente da súa clase tenlle medo enseguida e os yankees(malotes XD) da escola deciden desafialo. Seiichirou, quen non se entera moi ben de que vai a película, derrótaos sen sequera saber que estaba a pelexar ou que o desafiaran, convertíndose no seu líder .
A medida que pasan os capítulos aparencen máis personaxes e Seiichirou comeza a facer amigos. Destacan especialmente as dúas rapazas que coñece Seiichirou na historia, con quen pode sincerarse dado que elas entenden que Seiichirou é un gran rapaz e moi estudoso, o que pasa é que a súa apariencia é a dun demo.

É un manga de comedia, máis que nada son capítulos autoconclusivos sen ter unha historia clara, algo típico neste tipo de obras.
A historia baséase en que Seiichirou nunca se entera de nada, polo que remata en pelexas en centos de ocasións e sempre remata victorioso sen sequera saber pelexar grazas a golpes de potra.
Outro gag recurrente é como Seiichirou, cando intenta falar a presa ou berrar emite uns sons guturais que fan que a xente se reafirme na crenza de que é un demo.
É un manga que ten unha cantidade pequena de capítulos en comparación cun manga semanal, pero teñamos en conta que a maioría dos capítulos teñen da orde de 35 páxinas. Así, hai moitas páxinas que ler, polo que agradécese que o aoutor rematar o manga sen chegar a repetirse demasiado, aínda que sí é certo que ao cabo de 20 capítulos o manga xa resulta repetitivo.

O debuxo ao comezo é bastante malo pero mellora co paso dos capítulos e ao final da obra xa acada un nivel adecuado, véaxase que a persoa que debuxou este manga é a mesma que debuxa Claymore.

En resumo, historia de comedia con algún toque de romance(escaso) que te fará rir a gargalladas ao comezo pero que despois se volve repetitiva e tenta cambiar esa dinámica con historias sobre personaxes secundarios, algo que se agradece.


Nota: 7.0






PD: Aquí unha imaxe de Seiichirou pra que vos fagades unha idea XD




Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //